Lección
A actividade lección permite a un profesor presentar contidos e/ ou actividades prácticas de forma interesante e flexible. Un profesor pode utilizar a lección para crear un conxunto lineal de páxinas de contido ou actividades educativas que ofrezan ao alumno varios itinerarios ou opcións. En calquera caso, os profesores poden optar por incrementar a participación do alumno e asegurar a comprensión mediante a inclusión de diferentes tipos de pregunta, tales como a elección múltiple, resposta curta e correspondencia. Dependendo da resposta elixida polo estudante e de como o profesor desenvolve a lección, os estudantes poden pasar á páxina seguinte, volver a unha páxina anterior ou dirixirse a un itinerario totalmente diferente.Unha lección pode ser cualificada e a cualificación rexistrada no libro de cualificacións.
As leccións poden ser utilizadas:
Para a aprendizaxe autodirixida dun novo tema
Para exercicios baseados en escenarios ou simulacións e de toma de decisión
Para realizar exercicios de repaso diferenciadas, con distintos conxuntos de preguntas de repaso, dependendo das respostas dadas ás preguntas anteriores