Glosario
O módulo de actividade glosario activa para os participantes unha lista de definicións, como un dicionario, ou recoller e organizar recursos ou información.
Un profesor pode permitir anexar ficheiros entradas do glosario. As imaxes anexas preséntanse na entrada. As entradas poden ser buscadas ou vistas por orde alfabética ou por categoría, data ou autor. As entradas poden ser aprobadas de modo predeterminado ou requirir aprobación por parte dun profesor antes de seren visíbeis para todo o mundo.
Se o filtro de autoligado automático está activo, as entradas estarán automaticamente ligadas cando os termos e/ou as frase aparezan no transcurso da materia.
Un profesor pode permitir comentarios en entradas. As entradas tamén poden ser valoradas por profesores ou alumnos (avaliación por pares). Os índices de ponderación poden engadirse para conformar unha cualificación final que se recolle no libro de cualificacións.
Os glosarios teñen moitos usos, tales como
- Unha base de datos de termos claves
- Un espazo «para coñecerse» onde os alumnos novos engaden o seu nome e detalles persoais
- Un recurso con «notas manuais» de boas prácticas en asuntos prácticos
- Unha área de compartición de vídeos útiles, imaxes ou o ficheiros de son
- Un recurso de revisión de actividades para lembrar