O módulo de actividade do foro actívalles aos participantes a posibilidade de teren discusións asíncronas p. ex. discusións que teñen lugar nun un período estendido de tempo.

Hai varios tipos de foro para escoller, como un foro estándar onde calquera pode comezar unha discusión nova en calquera momento; un foro onde cada alumno pode comentar exactamente unha discusión; ou un foro de pregunta e resposta onde os alumnos teñen primeiro que facer un comentario antes de seren quen de veren os correos doutros alumnos. Un profesor pode permitir anexar ficheiros a comentarios do foro. As imaxes anexas preséntanse no comentario do foro.

Os participantes poden subscribirse a un foro para recibir notificacións de novos comentarios no foro. Un profesor pode estabelecer o modo de subscrición como opcional, forzado ou automático ou prohibir a subscrición completamente. Se for requirido, aos alumnos pode bloqueárselles comentar máis dun determinado número de comentarios nun período de tempo dado; isto pode evitar que determinados individuos dominen as discusións.

Os comentarios de foro poden ser ponderados por profesores ou alumnos (avaliación por pares). Os índices poden ser engadidos acadar un grao final que se recolle no libro de cualificacións ou «gradebook».

Os foros teñen moitos usos, como

  • Un espazo social para alumnos para saber os uns dos outros
  • Para anuncios de materia (utilizando un foro de novas con subscrición forzada)
  • Para discutir contido de materia ou materiais de lectura
  • Para continuar en liña un asunto xurdido anteriormente nunha sesión presencial
  • Para discusión de só profesores (utilizando un foro agochado)
  • Un centro de axuda onde titores e alumnos poden dar consello
  • Un área de apoio directo personalizada para comunicacións privadas entre profesores e alumnos (utilizando un foro con grupos separados e cun alumno por grupo)
  • Para actividades de extensión, por exemplo «xogos mentais» para ponderación de estudantes e suxestión de solucións
Última modificación: domingo, 15 de outubro de 2017, 7:10 PM