Inicio placa Raspberry
Que é
A raspberry é unha placa de baixo custo deseñada para o ensino de informático.
O modelo Pi3 consta de:
- Procesador de 1.2 GHz de catro núcleos ARM Cortex-A53
- Memoria RAM de 1Gb
- Coprocesador multimedia de dobre núcleo Videocore IV
- 4 portos USB 2.0 con corrente máxima de 1'1A (un disco duro de 3.5'' precisaría alimentación externa)
- LAN inalámbrica 802.11 b/g/n y Bluetooth 4.1
- Saída de vídeo HDMI
- Saída de vídeo analóxico por conector RCA
- Slot para tarxeta microSD
Funciona como un pequeno ordenador, móbil ou tablet. A tarxeta microSD faría a función de unidade de almacenamento. Por tanto, podemos ter varios sistemas operativos en distintas tarxetas, e arrancar coa que prefiramos.
Os sistemas máis usados son:
- Uso xeral de escritorio como PC: Raspbian (é unha distribución de Linux Debian adaptada á Raspberry, do mesmo xeito que o sistema operativo dos portátiles Abalar son unha versión de Linux Debian para ordenador)
- Media Center: OSMC ou KODI (incluido en distribución Open ELEC)
- Consola: ReCalBox
- Android: está previsto que Google dea soporte Android para o hardware da Raspberry, pero aínda non existe.
Máis información: www.raspberry.org
Precaucións
Usar o alimentador oficial, non un cargador de móbil aínda que teña o mesmo conector (dá 2'5A).
Usar tarxeta microSD de alta velocidade, tanto en lectura como escritura (Sandisk ou Samsung Pro).
Apagar o sistema por software, non desenchufar directamente.
Facer copia de seguridade da tarxeta SD.
Arranque NOOBS
A forma máis sinxela de instalar un sistema operativo é usar a imaxe NOOBS, que inclúe varias opcións por defecto. A primeira ve que se execute, preguntará que distribución se quere instalar, e automaticamente descomprime o sistema operativo borrandoo resto. Este proceso non se pode restaurar; se se quere cambiar de sistema, hai que formatear a SD e instalar de novo o NOOBS.
A tarxeta que vén no kit de Raspberry subministrada pola Consellería, xa trae instalado o NOOBS.
Se se quere usar noutra tarxeta nova, ou ben se se quere recuperar o estado inicial, deberemos facer o seguinte:
- Buscar e descargar o paquete NOOBS: https://www.raspberrypi.org/downloads/noobs/
- Nesa web veremos dúas opcións de descarga:
- Offline: con todo incluído, pero máis tempo de descarga e paquete máis grande (a versión 2.1 ocupa 1 Gb).
- NOOBS Lite: só se descarga o mínimo para arrancar (a versión 2.1 ocupa 27 Mb), e despois, durante a instalación, precisas unha conexión a internet para descargar o necesario.
- Descargar un programa específico para formatear a tarxeta: https://www.sdcard.org/downloads/formatter_4/eula_windows/index.html
- Executar este programa:
- Elexir a letra da unidade. Non te equivoques de letra, porque formatearías outra unidade e perderías todos os datos.
- En opcións, escoller "FORMAT SIZE ADJUSTMENT" en modo "ON"
- Formatear
- Descomprimir o parquete de NOOBS directamente na tarxeta: NON o poñas nunha subcarpeta
- Introducir a tarxeta na Raspberry e encendela.
Uso en tecnoloxía
Pódese usar como ensino de arquitectura de ordenador, instalación e configuración de sistema operativo. Sistemas operativos libres e abertos.
Pódese usar como placa de control, ó igual que o arduino, con estas diferencias:
- A lóxica é de 3'3V, en lugar de 5V (uso de resistencias de 220ohm en lugar de 330ohm)
- Programación en Python con librería GPIOzero: todos os sensores e actuadores están normalizados entre os valores 0 e 1.
- Permite varios fíos de execucion.