Para facer unha gráfica en Ubuntu, uimos usar o programa "follas de cálculo" de Open office que podemos abrir a partir do menú "Aplicaciones" e dentro do bloque de "oficina" ou "ofimática".
Unha vez aberta esta ferramenta copiaremos os datos (que están na táboa).
datos
Unha vez cargados os datos temos que seleccionalos todos e logo clickar no botón da ferramenta "gráfica"...

icono

Unha vez que clickamos nel aparecerá a primeira imaxe da gráfica e un asistente para configurala ó noso gusto.

primeira

Como vemos eu xa fixen unha primeira selección que é o tipo de gráfica que é de "liña con puntos". Neste caso (e na maioría) é o máis útil...
Aínda así os datos da gráfica non aparecen representados do xeito correcto, xa que por exemplo non sabemos que representan as distintas cores nin aparecen os anos. Para solucionalo pasamos á segunda páxina do asistente "Rango de datos". A imaxe que vos aparece é esta:

erro

Tedes que modificar os parámetros "serie de datos en fila" e "primeira fila como etiqueta" (anos) ata que quede así:


ben


Cando o teñades así, clickade en finalizar e xa tedes a gráfica creada...


fin

Por último recordade que si queredes é gardar esta gráfica como imaxe podedes facer un pantallazo ("imprimir pantalla") ou usar a ferramenta captura de pantalla que se atopa dentro de "aplicaciones" --- "accesorios". Esta ten a ventaxa de que podedes seleccionar á area da que ides facer o pantallazo.
Última modificación: luns, 21 de marzo de 2016, 10:40 AM