Movemento de translación
É o movemento que a Terra realiza arredor do Sol, tarda un ano en completalo. Do movemento de translación e da inclinación do eixo terrestre derivan as estacións.A órbita que a Terra describe arredor do Sol non é circular senón elíptica (ovalada) e terá, polo tanto, dous eixos, un maior e outro menor. O eixo de rotación terrestre presenta unha inclinación de 23.5° respecto ao plano da órbita, isto fai que os raios do Sol cheguen máis perpendiculares (máis rectos) a un hemisferio que a outro, canto máis rectos cheguen os raios do Sol, maior será a temperatura.Os puntos nos que a distancia da Terra ao Sol é menor denomínanse equinoccios e o día ten a mesma duración que a noite (equinoccio de primavera e de outono). Os solsticios de verán e inverno corresponden aos extremos do eixo maior, no solsticio de verán, o día dura máis que a noite, no de inverno, o día dura menos que a noite.
Si no hemisferio norte estamos en verán, Que ocorrerá no hemisferio sur?
Podes comprobalo nesta animación