Feminismos: marco teórico

Número de respostas: 15

Neste fío propoñemos un breve texto sobre feminismos.

“Ser feminista”, de Pikara Magazine: https://www.pikaramagazine.com/2017/06/ser-feminista/

Unha vez remates a súa lectura:

  • Escolle unha idea que che chamara particularmente a atención ou que consideres especialmente relevante. Comparte esta idea nos comentarios deste fío, explicando por que a escolliches e que interese ten para a túa práctica docente.
  • Le as respostas do resto da clase e comenta, polo menos, unha destas respostas.
En resposta a Primeiro comentario

Re: Feminismos: marco teórico

por María José Carreira López -

Vou comezar dicindo que non me gustan os foros, porque non me gusta opinar, e menos discutir, con alguén que non teño diante, así que pido perdón a todas e todos porque podo "meter a pata" pola falta de costume de usar este medio.

A continuación quero dicir que me irritou un pouco o xeito, que eu considero anárquico, de usar o xénero, a nivel lingüístico, da autora do texto. Poño un exemplo: "tú misma, tus cercanos, tus amigxs, la sociedad" .No primeiro caso usa o feminino como xenérico (a non ser que só se estea a dirixir ás mulleres, cousa que non creo que sexa acorde cun ideario feminista), no segundo usa o xenérico masculino e no terceiro usa o "x" para substituir o marcador de xénero da palabra. Creo que as tres fórmulas son respectables, pero se as usa á vez creo que desconcerta ó lector. Polo menos a min resúltame incómodo, pero pode ser que o problema o teña eu.

Vou co contido. Se o entendín ben, dice que o feminismo busca a igualdade, pero máis aló da dicotomía entre homes e mulleres, reivindica unha igualdade eu diría que absoluta, por iso fala de reivindicar a igualdade de xente doutras razas, de xente con diferentes prácticas sexuais ... "Es para toda la sociedad, para hombres, para mujeres pobres, para personas homosexuales, o asexuales, o transexuales, o familias migrantes, para las madres solteras, profesionales, las trabajadora/os mundiales, o cualquier persona que está marginalizada, olvidada, o discriminada en este mundo". Se este é o feminismo, eu apúntome, porque confeso que aínda que me considero feminista dende a adolescencia, nos últimos tempos vexo posicións que me fan dubidar. Ante algunhas posturas, ás veces creo que ou as que as sosteñen non son feministas, ou non o sen eu. Eu subscribo a frase que citei, sen dúbida, pero isto lévame a reflexionar se de verdade a palabra feminismo é a resposta. Nun xeito de pensar rápido a idea de que os homes e as mulleres somos iguais soluciona o asunto. Ou es home, ou es muller (non vou entrar agora no debate da identidade sexual e de xénero, xa sei que estou simplificando), a igualdade entre homes e mulleres é a solución.

Non. a igualdade entre homes e mulleres non soluciona o asunto. Hai tempo que eu veño pensando que non existen o racismo, nin o machismo, nin a homofobia, nin a discriminación contra os minusválidos (ou persoas con diversidade funcional, que creo que nos perdemos na linguaxe, isto tamén é outro debate). O que hai en realidade é só aporofobia. Discriminación e rexeitamento contra os pobres, entendendo como pobres ós que teñen menos ca nós. En relación con isto volvo ó texto: " Las relaciones de género son naturalizadas e incuestionadas y también producen y justifican otros sistemas de opresión (de raza, de clase, de colonización)". Síntoo, pero nisto non estou de acordo. Si creo que unha muller negra e pobre sofre unha triple discriminación, pero creo que un home negro e pobre está tamén discriminado, incluso creo que un home branco e pobre sofre  discriminación, é dicir, non creo, como me parece entender do texto, que as discriminacións de xénero estean na base doutras discriminacións. As discriminacións teñen como base, ó meu entender, as relacións de poder (creo que isto se dice no texto, e eu atópoo acertado), que sempre se traducen en asuntos económicos (é igual o que ten 6 millóns de euros que o que ten un rabaño de cabras), así que aquí chegamos ó señor Capitalismo (de novo coincido coa autora) que está na base de tódalas discriminacións. Creo que hai que cambiar o sistema,  e as relacións económicas son a base dese sistema, opino que hai que superar calquera sistema que consagre calquera  desequilibrio de poder, por iso creo que hai que superar o concepto de feminismo (ou a palabra, porque se o feminismo é para todas as persoas a palabra é equívoca), en favor da reivindicación do ser humano.  Non me malinterpretedes, eu considérome feminista en tanto considero que eu teño os mesmos dereitos e debo ter os mesmos deberes que os homes da miña sociedade, e son consciente de que existen discriminacións e agravios ás veces moi sutís, ás veces sen mala intención, pero que están aí e contra os que trato de loitar; pero creo que nos estamos a perder, polo menos a nivel "popular", na loita entre homes e mulleres e perdemos de vista que o inimigo é máis grande, unha hidra de sete cabezas, das que o machismo é só unha delas.

Perdoade se me liei, e perdoade se é moi longo.

En resposta a Primeiro comentario

Re: Feminismos: marco teórico

por Usuario eliminado -

Boas!

Vou comezar dicindo que eu hai anos non me definía como feminista. Cheguei a identificarme con este principio despois dun longo proceso de reflexión, de deconstrución e de formación. Teño que dicir que a min o feminismo me deu as claves para entender a vida, para min foi un antes e un despois. Estou de acordo co artigo de Píkara cando di que é un fenómeno transversal e que percorre tódolos ámbitos da vida: persoal, familiar, laboral, social, político... O que compartimos as persoas que vemos a vida a través do feminismo é que unha vez que se entra nel, xa non hai volta atrás.

Eu si considero que as palabras son importantes porque a lingua é o soporte do pensamento. Se eu digo dunha persoa que é minusválida e vou á raíz etimolóxica da palabra (vale menos), estou vendo o mundo desde unha "normalidade" e todo o que se saia de aí é distinto e, polo tanto, vale menos. O mundo é diverso e como tal é moi rico; para min a diversidade é riqueza. A min gústame o termo "diversidade funcional" porque con esta expresión eu parto da idea de que son capaces de facer as mesmas cousas pero de xeito distinto porque funcionan de maneira diferente. Por esta razón, reivindico a palabra feminismo, porque para conseguir a igualdade real a única maneira posible de facelo é visibilizando o papel das mulleres mediante unha discriminación positiva para chegar a unha equiparación plena da balanza e lograr unha xustiza social. Non comparto a idea de estar en contra do termo feminismo porque "exclúe" os homes (cousa totalmente falsa) e mesmo hai xente que propón palabras como " humanitarismo" (e termos semellantes) porque é máis inclusivo e logo está en contra da linguaxe inclusiva e defende o masculino como xenérico (que é ben excluínte, por certo).

Aínda que no artigo non nomea o termo "interseccionalidade de xénero", si fai referencia a el e a min, persoalmente, paréceme un concepto moi útil para entender que as discriminacións que sufrimos as persoas están atravesadas polo xénero. Tódalas mulleres sufrimos opresión polo patriarcado en todo o mundo pero non todas do mesmo xeito porque se entrecruzan factores distintos. Deixo aquí enlaces a dúas unidades didácticas sobre este tema para primaria e secundaria que considero que son moi útiles:

https://botons.eu/wp-content/uploads/2018/03/8M-unidade-didactica-Primaria.pdf

https://botons.eu/wp-content/uploads/2018/03/8M-unidade-didactica-secundaria.pdf

 

Máis nada. Vémonos o luns.

Boas noites.

En resposta a Usuario eliminado

Re: Feminismos: marco teórico

por Isabel Gayo Fernández -

Ola!

Estou moi dacordo co teu comentario, sobre todo no tocante o tema de que a diversidade é riqueza xa que eu penso o mesmo. Todos somos iguais, pero todos somos diferentes e iso é o que nos fai especiais. Nesta liña, considero que como mestres e mestras que somos temos unha labor fundamental para empezar a modificar as posibles discriminacións xeradas non soamente por razas ou etnias, relixións, aspecto físico, senón tamén as discriminacións por xénero.

Deste xeito, temos un gran reto por diante!!

En resposta a Primeiro comentario

Re: Feminismos: marco teórico

por Isabel Gayo Fernández -

Este artigo reflexa moi ben os principios do feminismo, así como os seus valores, obrigacións, deberes e responsabilidades. Na miña opinión e pensando sempre en como transmitir isto aos noso alumnos e alumnas, chamoume a atención o valor fundamental do diálogo.

En primeiro lugar, considero que o diálogo é a maior ferramenta á que temos que acceder para comunicarnos con calquera persoa, tal e como se sinala no artigo “Dialogar es un acto que le acerca a uno a las realidades de otrx y cada una, permitiendo un entendimiento de las experiencias reales de las personas, y sus hilos en común”. Deste xeito, dende as primeiras idades dos nosos nenos e nenas debemos acercar esta ferramenta indispensable para favorecer a súa comunicación. Todos temos opinións, distintas, diferentes, pero merecedoras do mesmo respecto e valorización, polo que é un aspecto fundamental a instaurar nos nosos nenos e nenas, xa que todos sabemos que sempre hai individuos que só queren falar eles e logo lles custa moito escoitar aos demais.

Desta maneira, nesta temática de igualdade e perspectiva de xénero é fundamental escoitar e falar, coñecer as opinións dos demais e poder contrarrestalas coas nosas propias. Así, considero fundamental que nas tarefas que se levan a cabo nas aulas propoñamos uns minutos de debate e diálogo entre os nosos rapaces e rapaces, para que dean a coñecer a súa opinión e coñezan a dos demais, respectando sempre todas e cada unha das respostas dos seus compañeiros e das súas compañeiras.

En resposta a Isabel Gayo Fernández

Re: Feminismos: marco teórico

por Concepción Monteagudo López -

Ola, Isabel! Parécenme moi importantes as reflexións que fais sobre o tema do diálogo. Que duda cabe que  a comunicación oral é o principal sistema de comunicación que temos os humanos. Sen dúbida algunha as persoas aprendemos moito das experiencias dos demais. Por iso é fundamental que dende a nosa infancia compartamos uns con outros as nosas vivencias. Para traballar o tema da igualdade do xénero na escola, o diálogo é a mellor ferramenta coa que contamos. Penso que dialogando co alumnado podemos conseguir moitas cousas neste terreo.

     Saúdos

En resposta a Isabel Gayo Fernández

Re: Feminismos: marco teórico

por Luis Prados Lence -

Ola, moi da cordo con ámbalas dúas, Isabel e Concepción. Paréceme fundamental fomentar o uso do diálogo entre os alumnos, deste xeito dannos a coñecer cal pode ser o seu punto de vista sobre este asunto. A súa vez, deixarlles que manifesten os seus sentimentos e inquietudes por medio da canle que consideren máis axeitada, ven sexa a través da expresión oral, gráfica ou plástica, para que podan exteriorizar a súa perspectiva con total liberdade.

En resposta a Primeiro comentario

Re: Feminismos: marco teórico

por Concepción Monteagudo López -

Boas! Este artigo fai unha moi boa reflexión sobre os principios do feminismo. Considero interesante que faga fincapé no feito de que  o feminismo non é algo oposto ao machismo xa que, moita xente así o considera.

   Decántome pola idea de que "En el contexto de una sociedad patriarcal, la mujer asume la posición de subyugación". Escollo este motivo, porque hai uns anos traballei nun centro onde o 48 % do alumnado era xitano. Da súa cultura chamoume a atención o enormemente machista que era e, sobre todo, a naturalidade con que as rapazas aceptaban este feito. Elas considerábano como algo totalmente natural. 

   Era titora dun grupo de primeiro da ESO e, pouco a pouco as nenas xitanas fóronnos contando, aos seus compañeiros e a min , moitas cousas da súa cultura. Aprendín moitísimo delas e, a raíz disto empezou a apaixonarme todo o relacionado co feminismo. Para aquelas mozas era totalmente normal, por exemplo, que a muller tivera que facer todos os labores da casa  e o home ningún; os rapaces tamén vían isto como algo sen maior importancia. Aquel ano, en colaboración co Departamento de Orientación, traballamos moito o tema da igualdade de xénero en todos os grupos. Porén, a final de curso non observamos ningún progreso na súa mentalidade; aquelas encantadoras rapazas seguían vendo como algo natural (entre outras moitas cousas) por exemplo o feito de que a muller tivera que facer todo o da casa. Afirmaban que elas nunca permitirían que os seus maridos ou fillos cociñaran ou limparan. Estas actitudes machistas eran algo que formaba parte da súa cultura e que elas aceptaban como o máis normal do mundo.

   Aínda que aquel curso non conseguimos gran cousa, penso que dende a ensinanza debemos de seguir traballando duro coas sociedades patriarcais para que, pouco a pouco, estas mulleres e homes vaían cambiando a súa maneira de pensar. 

   Saúdos

En resposta a Concepción Monteagudo López

Re: Feminismos: marco teórico

por Adela López López -

Ola Concepción, xusto ía comezar a escribir a miña reflexión sobre este artigo neste foro e xusto ía empezar a facelo falando sobre o feito que, como ti ben mencionas ó inicio da túa intervención, o feminismo NON é o oposto ao machismo, como a gran parte da xente pensa. Por isto concordo totalmente coa túa opinión, así como que compartas con nós a túa experiencia como titora dun gran número de alumnado de étnica xitana, paréceme moi interesante.

Son sabedora de que as xitanas perciben unha triple discriminación polo feito de ser muller, pola súa etnia e por pertencer a unha cultura patriarcal pero debido a miña nula experiencia laboral con ese colectivo, descoñecía que as alumnas desta etnia que acoden aos nosos centros educativos traen xa tan profundamente arraigadas esas mentalidades. Por iso, e como ti apuntas, si é certo que queda un grande e duro camiño que percorrer para chegar a meta, a igualdade de xénero. 

Saúdos. 

En resposta a Adela López López

Feminismos: marco teórico

por Adela López López -

O artigo que aquí se nos presenta recolle o significado e os principios do feminismo e deste xeito a min paréceme importante facer fincapé en que o que busca este movemento social e político é a igualdade, unha igualdade para cada persoa, unha igualdade individual, unha igualdade para toda a sociedade, non so para as mulleres, polo que este concepto non debe ser entendido como o contrario de machismo.

Segundo a RAE o concepto de feminismo é o principio de igualdade dos dereitos da muller e do home e o movemento que loita pola realización desa igualdade. Pola contra, o machismo é a actitude de prepotencia dos homes respecto das mulleres e forma de sexismo caracterizada pola prevalencia do sexo masculino. Como se pode ver en ambas definicións, non se trata de dous termos equiparables, xa que mentres que o feminismo é a busca da igualdade entre sexos o machismo supón unha preponderancia do home. 

O feminismo ofrécenos as tácticas intelectuais e as accións conscientes para desmantelar o sistema que nos oprime. Trátase dunha loita total e completa que require unha reordenación da sociedade, unha loita centrada nos valores da igualdade, tratando de organizarse e buscando outro tipo de funcionamento máis democrático, máis representativo e máis inclusivo. 

Para todo isto, unha ferramenta clave, o diálogo, será a chave que nos axude a enfrontar o patriarcado, ser concientes e traballar para concienciar, vivir na sororidade e actuar para conseguir un sistema que si beneficie a cada persoa.

Para finalizar, dicir que vivimos nunha sociedade na que diariamente se nos di que todos somos iguais pero a realidade dista moito desta afirmación, posto que por desgraza a sociedade actual é profundamente desigual para as mulleres e isto podémolo ver reflectido diariamente en aspectos como o desemprego, a fenda salarial, a violencia de xénero... Ante este panorama a única forma de avanzar cara unha sociedade máis equitativa e máis xusta é educando en igualdade, polo que nos como docentes temos un papel importante para axudar a lograr este grande obxectivo.

 

Saúdos. 

 

 

 

 

En resposta a Concepción Monteagudo López

Re: Feminismos: marco teórico

por Mirian Bouso Gallego -
Coincidimos na reflexión de fondo nos nosos comentarios: as situacións de desigualdade que observamos
diariamente conciénciannos da necesidade de adoptar unha perspectiva de xénero nas nosas clases.
A experiencia con alumnas xitanas que ti comentas paréceme un reto educativo de gran magnitude, pero máis
me parece o traballo cos seus compañeiros xitanos varóns. Aí está realmente o reto. A educación e a
concienciación deben centrar as súas atencións na orixe e causa do problema, non tanto en quen o padece.
En resposta a Primeiro comentario

Re: Feminismos: marco teórico

por María José López paz -

Boas noites,

En primeiro lugar quero aclarar que nunca me gustaron as etiquetas porque quero crer que son unha persoa ecléctica na maioría dos ámbitos da vida: intento escoller o que me parece máis ético, moral ou correcto dende a miña perspectiva.Por favor, non pensedes que vou de omnisciente; o único que pretendo é que vos fagades unha idea da miña maneira de pensar para que comprendades  mellor o motivo polo que me “etiqueto” tan alegremente no punto seguinte.

“El feminismo no se convierte en lo opuesto al machismo”. Pois ben, dende agora son feminista; si, póñome esta etiqueta porque estou totalmente de acordo con este aforismo. Nisto coincido totalmente coas compañeiras Concepción, Teresa e Adela. Se o feminismo defende a igualdade de dereitos entre home e muller, está claro que non é o contrario do machismo, xa que este sostén xusto o contrario: supremacía do macho= desigualdade.

“El feminismo… cuestiona la colocación histórica del masculino sobre el femenino y nos muestra que la desigualdad no es natural…”. Non podo estar máis de acordo. Evidentemente, hai diferenzas naturais entre homes e mulleres pero ditas diferenzas non deberían ser óbice para xustificar a superioridade dun xénero sobre o outro.

E xa para ir rematando, tamén me parece importante reorganizar a sociedade, non só para acabar co machismo, senón tamén para erradicar  calquera discriminación (sexual, de relixión, etc.) e convertirnos nunha sociedade con principios baseados na inclusión, na tolerancia e no respecto. O diálogo sería a pedra angular da que partir para crear esa nova sociedade. Varios dos comentarios que lin tamén dicían que dialogar é fundamental ou, como escribe Adela moi acertadamente, é unha “ferramenta clave”. E Isabel tamén usa a palabra “ferramenta”.

Comparto o disgusto de María José Carreira polo uso do “x” para expresar o xénero.

Grazas, Teresa, polas unidades didácticas.

Saúdos.

 

 

En resposta a María José López paz

Re: Feminismos: marco teórico

por Usuario eliminado -

María José, con respecto ó emprego do X como un dos recursos da linguaxe inclusiva, eu teño que dicir que o emprego moito en contextos informais (Whatsapp, por exemplo) e éme moi útil. Prefiro usalo antes có símbolo @.

A linguaxe inclusiva abrangue moitas outras posibilidades e cómpre exploralas porque tamén é unha forma de ver realmente o potencial que teñen as linguas e que, debido a esa postura androcéntrica da que partimos, descoñecemos. Eu, como profesora de lingua,  parto desta necesidade inclusiva para explicar os substantivos colectivos, os abstractos, os pronomes, a sinonimia, a elipse...

Xa sei que non é o teu caso, pero hai xente que segue usando o masculino xenérico e ridiculiza a linguaxe inclusiva reducíndoa ás barrras e desdobramentos, o que denota un total descoñecemento neste sentido.

O emprego da linguaxe non sexista é o primero criterio que eu emprego para elixir manuais ou libros de lectura e para min serve como marcador para valorar a posición da persoa que a emprega con respecto á igualdade.

Saúdos.

En resposta a Primeiro comentario

Re: Feminismos: marco teórico

por Luis Prados Lence -

Para introducir o concepto Feminismo na aula, baseándose nos principios de educomunicación, encontro de gran importancia este artigo titulado “Ser Feminista” de Pikara Magazine. Principios básicos como a procura da igualdade, xa que: “el feminismo es para todxs, para toda la sociedad” axúdanos a identificar os valores do feminismo. Ademais segundo versa o artigo: “El feminismo es el compromiso de terminar con relaciones de dominación, y cuestionar el estado naturalizado de las cosas”, onde debemos promover o pensamento crítico do alumnado, fomentando a investigación e cuestionando o equilibrio do mundo instalado e promovido polo, así denominado, patriarcado capitalista, atendendo ao artigo publicado. Sen esquecer os aspectos referidos aos roles de xénero, para ser realmente conscientes das desigualdades estruturais que se producen.

En resposta a Primeiro comentario

Re: Feminismos: marco teórico

por Mirian Bouso Gallego -
Boas a todas e a todos.
Dada a envergadura do artigo de Píkara Magazine, resúltame moi complicado escoller unha idea que me
chamase particularmente a atención. Son varias as reflexións expostas no artigo que me levan a afondar na
relevancia e pertinencia do pensamento feminista para ser traballado na aula.
O contexto da Educación Secundaria Obrigatoria é especialmente adecuado para facelo, por unha mera
cuestións de idade e desenvolvemento cognitivo. O nivel global alcanzado polo feminismo nos últimos anos
fai partícipe activo ao noso alumnado do movemento. Tal e como formula o artigo no comezo, facerse
preguntas como: “Considérome unha persoa feminista? Por que razóns?”, tamén é necesario para as rapazas
e os rapaces, para a conformación da súa identidade persoal e cidadá.
Como levalo á práctica? Reflexións do artigo como as que destaco, poden axudar a comezar.
- “
O feminismo non é o contrario do machismo
”. Incontables veces me vin na obriga e na necesidade de
explicar ao meu alumnado a falsidade desta afirmación. Igual que esta outra: “
o rol de xénero é resultado
dun proceso de aprendizaxe e socialización”.
-
Ser feminista é loitar contra todas e cada unha das formas de desigualdade existentes
. E este valor é
capital no eido educativo: as aulas están ateigadas de diferenzas e desigualdades, como a sociedade mesma,
por centos e miles de razóns, polo que o feminismo é un primeiro paso para acadar esa concienciación.
- O estudo da
historia do feminismo
completa as enormes carencias do currículo. A lei educativa fai
reiteradas referencias ao pensamento crítico do alumnado, e como profesora de Historia, síntome na obriga
de integrar no seu estudo “a colocación histórica do masculino sobre o feminino”, “os argumentos
naturalistas e deterministas” que no pasado xustificaron esas relación de poder, as moitas outras
protagonistas da historia (e non só Simon de Beauvoir), etc. En definitiva, a reflexión crítica que lles permita
ver as razóns invisibles de por que a realidade é como é. Estudar o pasado, para coñecer o presente.
- Seguindo co eido histórico, o
concepto de cambio
. Coñecer os procesos históricos revolucionarios que no
pasado propiciaron cambios políticos, económicos e sociais profundos axuda a entender esa “reordenación
da sociedade” non patriarcal que demandou e demanda o feminismo.
A última reflexión do artigo paréceme determinante para convencernos e reafirmarnos na necesidade de
relacionarnos co alumnado con perspectiva de xénero, porque debemos facelo sempre, con toda a xente que
coñecemos. É un modo de vida:
“A política do feminismo é a que penetra e envolve todo, tanto o persoal como o xeral, tanto o cotián como
o transversal. Inclúe a forma de relacionarnos con outros humanos, como pensas, como falas (...)
Concienciar é vivir a sororidade nas túas relacións con outras mulleres, é actuar xuntas para reconstruír
un sistema que non beneficia aos seres humanos”.
En resposta a Primeiro comentario

Re: Feminismos: marco teórico

por Juan José Vázquez -

Ola!

Logo de ler o artigo e as opinións das compañeiras, algo que me chamou especialmente a atención, e coincido nisto con María José, é cando dí que a igualdade defende o feminismo, é unha igualdade para cada persoa, e recalca "no solo para las mujeres, o mejor dicho, para mujeres blancas, colonias y de clase alta. ES para toda la sociedad, para hombres, para mujeres pobres, para personas homosexuales, o asexuales, o transexuales, o familias migrantes, para las madres solteras, profesionales, las trabajadoras/os mundiales, o cualquier persona que está maginalizada, olvidada, o discriminada en este mundo.

Isto fíxome pensar bastante, porque aínda que eu sí considero que esta é a igualdade que debe defender o feminismo, e non soamente a de xénero, na miña opinión non creo que todos os que din ser feministas consideren a igualdade no mesmo sentido que se menciona no artigo, se non que entenden o feminismo como unha igualdade dende o punto de vista exclusivo do xénero, pero sen meterse en aspectos como a migración, a marxinación, as persoas esquecidas... entendidos de maneira xenérica mais alá da perspectiva de xénero.

Este aspecto, e en xeral todo o artigo, paréceme moi interesante para tratar coas rapazas e rapaces de formación profesional (a maioría adultos), para que poidan dialogar e feflexionar sobre a temática da igualdade e poder coñecer as súas opinións.

Estou totalmente de acordo coas opinións de Isabel, Concepción e Luis en que é fundamental fomentar o uso do diálogo entre o alumnado no tema da igualdade, xa que como se menciona no artigo o diálogo e necesario para o bo entendemento e para poder alcanzar unha sociedade mais democrática, mais universal e mais xusta.

Saúdos,