Actualización información para formación de grupos

Re: Actualización información para formación de grupos

por Sonia González Varela -
Número de respostas: 0

Boa tarde a todos, 

Estudando as diferentes posibilidades penso que podemos levar a cabo un proxecto interdisciplinario todos xuntos na aula de 1º ESO B (no grupo de 1º ESO A faltaríamos Laura Horta). Organizar un proxecto entre todos creo será mais sinxelo que facer diferentes proxectos en diferentes niveis. 

Laura dende Xeografía e Historia propuxo afondar nunha época histórica; a Benjamin gústalle a xeometría, visión espacial, puzzles, arquitectura, deseño e papiroflexia; eu dende Plástica podo traballar formas xeométricas, cor, visualización, resolución de problemas xeométricos, comunicación visual, etc... déixome levar : ). 

Penso que podería ser boa idea adicar dúas semanas á planificación e levalo a cabo entre o 8 e o 25 de marzo (Diego estará con nos ata ese día). 

Se vos parece boa idea podemos poñer en marcha a máquina do tempo e decidir a onde queremos transportarnos!

Un saúdo! 

Sonia 

Adxunto táboa. 


Anexo Captura de pantalla 2021-02-18 a las 17.33.28.png