Traballo Online

Traballo Online

por Roi Guitián -
Número de respostas: 0

Este curso, “Comunicar en igualdade”, require unha parte de traballo individual a través da plataforma virtual do CFR. Este traballo componse de dúas tarefas que veredes descritas abaixo. Ambas as dúas tarefas son obrigatorias para superar o curso.

  1. Deseño dunha actividade educativa que traballe a igualdade de xénero e que estea baseada nos principios da Educomunicación.
  2. Lecturas e comentarios: na aula atoparedes 3 fíos de conversa que levan por título "Lecturas Online". O traballo consiste en ler o texto, ver o vídeo e revisar as actividades propostas. Despois, de xeito individual, tedes que publicar a vosa opinión, ben sexa como comentario individual ou como resposta ao comentario doutra persoa. Só se valorarán as achegas relevantes e con contido significativo (é dicir, aínda que podedes interactuar libremente, só valoraremos como traballo as intervencións que sexan algo máis que “moi ben”, “estou de acordo”, “gustoume”, etc.)

Se tedes calquera dúbida, podédesnos contactar directamente cunha mensaxe privada. Se credes que a vosa dúbida pode ser compartida por outras persoas do grupo, podédela compartir tamén neste Foro Xeral de Novas.