Bo día,
Abro este foro para darvos a benvida á aula virtual. Neste espazo iremos subindo os materiais das diferentes sesións. Calquera dúbida sobre o funcionamento xeral do curso podédela facer neste fío.
Igualmente, nas presentacións tedes enlaces onde ampliar información ou acceder aos diferentes recursos e vídeos que vemos na aula. Se queredes compartir algo que pensades que pode ser interesante para a aprendizaxe do resto do grupo aquí tedes o espazo.
Igualmente, recordade que o curso ten unha serie de horas de traballo individual e acompañamento online así que vou dicirvos o mesmo que lle dicides ao voso alumnado: non o deixedes para o final. Aproveitade que nas tres sesións nas que estaremos nós faredes unha práctica de grupo para sacar a adaptar ideas.
Sen máis: queda inaugurado este foro ;)
Roi