2. Playa de las catedrales

PRAIA DAS CATEDRAIS, RIBADEO


A praia de Las Catedrales (As Catedrais en galego) está situada no municipio de Ribadeo (parroquia de A Devesa), na costa da provincia de Lugo (Galicia), no mar Cantábrico, a uns 10 km ao Oeste da localidade de Ribadeo. É coñecida por este nome debido á aparencia dos seus acantilados, aínda que o seu verdadeiro nome é o de Augasantas (augas santas).

Está declarada Monumento natural pola Consellería de Medio Ambiente da Xunta de Galicia.

Realmente o destacable da praia son os seus acantilados, que só poden apreciarse axeitadamente durante a marea baixa. Durante a marea alta a praia é relativamente pequena, de fina area e axeitada para o baño, pero non se aprecian os acantilados, nin tampouco dende a súa parte superior. Las catedralesNon obstante, a marea baixa dános acceso a un longo areal polo que podemos pasear e ver as caprichosas formas que a erosión esculpiu na parede rochosa de lousa e xisto. Así, atopámonos con arcos parecidos aos arcobotantes dunha catedral de máis de 30 m de altura (a razón principal do nome da praia), grutas de decenas de metros, corredores de area entre bloques de rocha e outras curiosidades.