FUNCIÓNS BÁSICAS DA CELULA
3. FUNCIÓNS DE REPRODUCCIÓN
3.1. MEIOSE
A meiosie é un proceso no que, a partir dunha célula cun número diploide de cromosomas (2 n), obtéñense catro células fillas haploides (n), cada unha coa metade de cromosomas que a célula nai ou inicial. Este tipo de división reduccional só se dá na reprodución sexual, e é necesario para evitar que o número de cromosomas se vaia duplicando en cada xeración.
O proceso de gametogénesis ou formación de gametos, realízase mediando dúas divisións meióticas sucesivas:
1. Primeira división meiótica. unha célula inicial ou germinal diploide (2 n) divídese en dúas células fillas haploides (n).
2. Segunda división meiótica. As dúas células haploides (n) procedentes da primeira fase divídense orixinando cada unha delas dúas células fillas haploides (n).
As fases da meiosis son:
PRIMEIRA DIVISIÓN MEIÓTICA:
1. Interfase. Nunha célula na que hai unha masa de ADN procendente do pai e outra procedente da nai vaise a iniciar unha meiosis. Ao final da interfase. Duplicación do ADN.
2. Profase. Formación dos cromosomas. Entrecruzamiento; os cromosomas homólogos intercambian sectores. O núcleo rompe.
3. Metafase I. Aparece o fuso acromático. Os cromosomas fíxanse polo centrómero ás fibras do fuso.
4. Anafase I. As fibras do fuso contráense separando os cromosomas e arrastrándoos cara aos polos celulares.
5. Telofase I. Fórmanse os núcleos e orixínanse dúas células fillas. Os cromosomas liberan a cromatina.
SEGUNDA DIVISIÓN MEIÓTICA
8. Profase II. Fórmanse os cromosomas e rompe o núcleo.
9. Metafase II. Os cromosomas colócanse no centro celular e fíxanse ao fuso acromático.
10. Anafase II. Os cromosomas sepáranse e son levados aos polos da célula.
