Proxecto "CORPUS CHRISTI: PARA NÓS, MÁIS CA UNHA TRADICIÓN". Colexio Plurilingüe San José-FEC
Proxecto interdisciplinar e interniveis (ESO e BAC) desenvolvido no Colexio Plurilingüe San José-FEC.
2. Proyecto " CORPUS CHRISTI: PARA NÓS, MÁIS CA UNHA TRADICIÓN"
2.2. Resultados y propuestas de mejora y continuidad
Este proxecto foi ideado como un traballo a tres anos. Transcurrido este tempo farase unha avaliación exhaustiva do mesmo e decidirase sobre a súa continuación. De continuar, valorarase coma mellora do mesmo a introducción do tema: A Ofrenda do Antiguo Reino de Galicia, celebración que se desenvolve na nosa cidade o domingo seguinte ao Corpus.
O curso 2015/16 foi o primeiro ano no que se realizou este proxecto. Ó seu remate, tanto os alumnos coma os profesores involucrados neste traballo interdisciplinar, e mesmo o claustro de profesores, fixemos unha valoración moi positiva do mesmo, porque foi evidente que os obxectivos que se pretendían foron alcanzados, e que os alumnos amosaron unha gran creatividade tanto no traballo literario coma no diseño da alfombra floral disfrutando, ademáis, con esas actividades.
Neste curso 2016/17 propuxemos traballar este proxecto no grupo de traballo "Incluíndonos na ecuación do cambio, emprender cara a educación do futuro" incluindo os marcos teóricos tratados na formación para a mellora e perfeccionamento do proxecto.