2. Proyecto " CORPUS CHRISTI: PARA NÓS, MÁIS CA UNHA TRADICIÓN"

O Corpus Christi é unha festa da Igrexa Católica que naceu co obxectivo de reafirmar a fe do Pobo de Deus en Xesucristo vivo e realmente presente no sacramento da Eucaristía.

 A celebración deste día  remóntase á Idade Media e ata hoxe esta festividade festéxase dun xeito especial en moitos países do mundo. Un deses lugares especiales é a nosa cidade, Lugo.

Lugo é coñecida como a Cidade do Sacramento e na súa Catedral  atópase exposto permanentemente o Santísimo no Altar Maior desde tempo inmemorial.

Polo tanto, estamos a falar dunha celebración tradicional dentro da nosa cultura galega. Tan arraigada que mesmo no centro do escudo da cidade está  presente  o Santísimo (isto tamén acontece co escudo da nosa Comunidade Autónoma)  e na bordura hai unha lenda en latín: Hoc hic mysterium fidei firmiter profitemur que significa: Aquí profesamos firmemente este misterio de fe. 

Sobre esta festividade tan arraigada na tradición dos  nosos ancestros decatámonos  que  hai un certo descoñecemento do significado da mesma e a súa importancia na historia da cidade entre a xente máis nova.Por iso, dende os nosos respectivos departamentos, quixemos revivir esta tradición cristiá e darlle pulo dende o colexio tendo en conta que se trata dun centro de ideario cristiá - católico.

Este proxecto desenvólvese durante o terceiro trimestre, intentando aproximar o máximo posible a elaboración da alfombra floral á data de celebración.

É un proxecto interdisciplinar, xa que abrangue as materias e os cursos seguintes:

* Lingua Galega e Literatura. Cursos de 3º da ESO (A e B)

* Tecnoloxías. Cursos de 3º da ESO (A e B)

* Relixión. Cursos de 3º da ESO (A e B)

* TIC I. Cursos de 1º de BAC (A e B)

* Matemáticas I. Curso 1º A de BAC