A función de Relación

Sitio: CFR de Lugo
Curso: L1101049 - Moodle como recurso de apoio para a xestión de contidos científicos. Burela 2011
Libro: A función de Relación
Impreso por: Usuario convidado
Data: domingo, 1 de marzo de 2026, 6:55 PM

Descrición

Tema de coñecemento do Medio onde se explica como seproduce a función de Relación

1. En que consiste afunción de relación

Respondemos aos cambios que ocorren no exterior. Interveñen varios
órganos, sistemas e aparellos.
1. Órganos dos sentidos, que captan a información.
2. Cerebro, que recibe a información, interprétaa e decide como actuar.
3. Músculos, que reciben ordes do cerebro e fan que nos movamos.
O cerebro forma parte do sistema nervioso. Ocupa o lugar central na función
de relación.
Os músculos constitúen o sistema muscular. Para realizar a súa función,
traballan conxuntamente cos ósos, que forman o sistema óseo. O sistema
muscular e o sistema óseo forman o aparello locomotor.
Grazas á función de relación, tamen respondemos a cambios no noso
interior.