Ferramentas multimedia

Sitio: CFR de Lugo
Curso: Obradoiro de TIC ao servizo da biblioteca escolar e ALFIN
Libro: Ferramentas multimedia
Impreso por: Usuario convidado
Data: mércores, 11 de marzo de 2026, 2:49 AM

Descrición

Servizos da web 2.0 nos que podemos aloxar imaxes, vídeos, presentacións, textos...

Creación de posters

A ferramenta Glogster permítenos a creación de carteis nos que podemos colocar textos, imaxes, vídeos, enlaces, etc.
Aquí podes ver un titorial e algún exemplo




Imaxes

Pódense crear presentacións a partir de fotografías en páxinas como Slide ou Picturetrail.

En ocasións poden ser necesarias fotografías buscadas en internet. Nos seguintes sitios podes atopar imaxes que podemos usar libremente en actividades educativas:

Presentacións

Aquí temos dúas categorías de programas. Por un lado páxinas como Slideshare ou Slideboom que permiten colocar en internet presentacións que fixemos previamente usando programas como OpenOffice Impress ou Powerpoint. Por outro temos páxinas como Prezi ou Google Docs coas que podemos crear a presentación directamente en internet.






Textos

Estes servizos axúdannos a inserir no blog arquivos que creamos cun procesador de texto. Os máis utilizados son:

Coloco titoriais dalgúns destes programas, que temén poden servirte para darte conta de como se ve un texto no blog usando estes servizos.






manual uso basico scribd (español)

Vídeo

O maior almacén de vídeos é Youtube, aínda que hai outras páxinas similares como Vimeo ou Metacafé.


A creación dunha en Youtube (faise co mesmo usuario e contrasinal do Gmail) permítenos subir os nosos vídeos, crear un canal con nosos favoritos, facer listas de distribución cos vídeos que agrupemos para ver seguidos ou seguir a a actividade doutros usuarios.