Lugo y provincia

Sitio: CFR de Lugo
Curso: L1101042 Webs dinámicas para centros educativos. Drupal, Moodle e Coppermine. Lugo (2011 - 2012))
Libro: Lugo y provincia
Impreso por: Usuario convidado
Data: xoves, 12 de marzo de 2026, 9:01 PM

Descrición

Ejemplo de libro

1. Muralla de Lugo

MURALLA ROMANA DE LUGO

A muralla romana de Lugo rodea o casco histórico da cidade galega de Lugo na rovincia do mesmo nome en España. A antiga cidade romana de Lucus Augusti, fundada por Paulo Fabio Máximo en nome do emperador Augusto no ano 13 antes de Cristo coa finalidade de anexionar, definitivamente, o noroeste da península Ibérica ao Imperio romano foi dotada dun muro de defensa que perdurou, con escasas reformas, ata a actualidade. Características:

Muralla de LugoA muralla, cunha lonxitude de 2.266 metros, coroada por 85 poderosas torres,delimita o casco histórico da urbe galega e pasou de ser un obstáculo para a súa evolución e crecemento a ser un monumento integrado na estrutura urbana e fonte de riqueza turística.

Construída como separación e defensa transformouse nun elemento integrador entre a antiga Lucus e a que se desenvolveu ao seu arredor. As súas dez portas realizan a función de unir unha parte da cidade coa outra e o seu paseo de rolda, adarve, tornouse nunha rúa máis que é percorrida polos viandantes autóctonos e visitantes.

A muralla romana de Lugo foi declarada Patrimonio da Humanidade pola Unesco no ano 2000 e está irmandada dende o día 6 de outubro de 2007 coa Grande Muralla China de Qinhuangdao.

Mira este video:



Puedes ver unha animación da muralla

2. Praia das Catedrais

PRAIA DAS CATEDRAIS, RIBADEO

A praia de Las Catedrales (As Catedrais en galego) está situada no municipio de Ribadeo (parroquia de A Devesa), na costa da provincia de Lugo (Galicia), no mar Cantábrico, a uns 10 km ao Oeste da localidade de Ribadeo. É coñecida por este nome debido á aparencia dos seus acantilados, aínda que o seu verdadeiro nome é o de Augasantas (augas santas).

Está declarada Monumento natural pola Consellería de Medio Ambiente da Xunta de Galicia.

Realmente o destacable da praia son os seus acantilados, que só poden apreciarse axeitadamente durante a marea baixa. Durante a marea alta a praia é relativamente pequena, de fina area e axeitada para o baño, pero non se aprecian os acantilados, nin tampouco dende a súa parte superior. As catedraisNon obstante, a marea baixa dános acceso a un longo areal polo que podemos pasear e ver as caprichosas formas que a erosión esculpiu na parede rochosa de lousa e xisto. Así, atopámonos con arcos parecidos aos arcobotantes dunha catedral de máis de 30 m de altura (a razón principal do nome da praia), grutas de decenas de metros, corredores de area entre bloques de rocha e outras curiosidades.

2.1. Flora da costa de Ribadeo

Podes ver uns exemplos de plantas da costa de Ribadeo: