A función de Relación
1. En que consiste afunción de relación
Respondemos aos cambios que ocorren no exterior. Interveñen variosórganos, sistemas e aparellos.
1. Órganos dos sentidos, que captan a información.
2. Cerebro, que recibe a información, interprétaa e decide como actuar.
3. Músculos, que reciben ordes do cerebro e fan que nos movamos.
O cerebro forma parte do sistema nervioso. Ocupa o lugar central na función
de relación.
Os músculos constitúen o sistema muscular. Para realizar a súa función,
traballan conxuntamente cos ósos, que forman o sistema óseo. O sistema
muscular e o sistema óseo forman o aparello locomotor.
Grazas á función de relación, tamen respondemos a cambios no noso
interior.