Ir ao contido principal
AVirtual
  • Inicio
  • Calendario
  • Máis
Neste momento está usando o acceso para convidados
Acceder
AVirtual
Inicio Calendario
Expandir todo Contraer todo
  1. L1801017
  2. 3. Infraestrutura tecnolóxica dun centro EDIXGAL
  3. Tarefa 3.3. Matricula o teu usuario "alumno" e o teu usuario "familia"

Tarefa 3.3. Matricula o teu usuario "alumno" e o teu usuario "familia"

Requisitos do completado
Abertas: martes, 1 de xaneiro de 2019, 12:00 AM
Pendente: xoves, 31 de xaneiro de 2019, 12:00 AM
TAREFASTarefa 3.3. Matricula o teu usuario "alumno" e o teu usuario "familia"

Obxectivos da tarefa

  • Aprender o procedemento de creación e configuración de materias no EVA (EDIXGAL).
  • Familiarizarse co formato específico das materias EDXIGAL: vista grella.
  • Entender as características dos distintos roles de usuario en EDIXGAL.
  • Crear un espazo propio no entorno de prácticas "EvaFormación", onde cada usuario realizará as tarefas plantexadas.

   

Como realizar esta tarefa


MOI IMPORTANTE : Debes ler con moita atención as seguintes instruccións, para non cometer ningún erro na matriculación

>> MATRICULAR O USUARIO ALUMNO

  1. Accede ao espazo de prácticas e identifícate co usuario e contrasinal que che foi asignado co rol "profesor".
  2. Entra na túa materia, a que creaches e configuraches nas tarefas anteriores.
  3. No "bloque Administración" fai clic no menú "Administración da materia -> Usuarios -> Usuarios matriculados".
  4. Pulsa (fai clic) sobre o botón "Matricular usuarios".
  5. Na nova ventá emerxente que aparece, asegúrate de que na parte superior do desplegable "Asignar roles" está seleccionado o rol "Alumno".
  6. No recadro inferior de "Buscar" introduce o seguinte criterio de busca:

    Alumno_l1801017
    Con este criterio de busca aparecerán todos os alumnos do curso, así que debes seleccionar o que corresponde co teu número.
  7. Matricula na túa materia a ese alumno (o que corresponde co teu número), pulsando sobre o botón "Matricularse" que aparece á dereita do alumno.
  8. Finalmente pulsa o botón "Rematar a matriculación de usuarios" que aparece na parte inferior desta mesma ventá emerxente.

>> MATRICULAR O USUARIO FAMILIA

  1. Accede ao espazo de prácticas e identifícate co usuario e contrasinal que che foi asignado co rol "profesor".
  2. Entra na túa materia, a que creaches e configuraches nas tarefas anteriores.
  3. No "bloque Administración" fai clic no menú "Administración da materia -> Usuarios -> Usuarios matriculados".
  4. Pulsa (fai clic) sobre o botón "Matricular usuarios".
  5. Na nova ventá emerxente que aparece, asegúrate de que na parte superior do desplegable "Asignar roles" está seleccionado o rol "Ningún".
  6. No recadro inferior de "Buscar" introduce o seguinte criterio de busca:

    Familia_l1801017
    Con este criterio de busca aparecerán todos os usuarios "familia" do curso, así que debes seleccionar o que corresponde co teu número.
  7. Matricula na túa materia a ese usuario "familia" (o que corresponde co teu número), pulsando sobre o botón "Matricularse" que aparece á dereita do usuario.
  8. Finalmente pulsa o botón "Rematar a matriculación de usuarios" que aparece na parte inferior desta mesma ventá emerxente.

   

Como enviar esta tarefa despois de realizada

Unha vez realizada a tarefa, debes enviala seguindo estes pasos:

  1. Entra no espazo de prácticas, identificándote co teu usuario con rol "profesor" que che foi asignado.
  2. Entra na materia que creaches con este usuario.
  3. Entra no menú "Administración da materia -> Usuarios -> Usuarios matriculados"
  4. Copia a dirección URL da túa materia que aparece agora na barra de direccións do teu navegador de internet.
  5. Pulsa o botón "Engadir entrega" que aparece na parte inferior desta tarefa. Pega a dirección URL que copiaches anteriormente no recadro de texto que aparece aqui, en "engadir entrega".
  6. Finalmente pulsa o botón "Gardar os cambios".

Neste momento está usando o acceso para convidados (Acceder)
Resumo da retención de datos
Políticas
Obter a apli móbil
Fornecido por Moodle