Tarefa 3.2. Configura a vista grella da materia anterior
Requisitos do completado
Abertas: martes, 1 de xaneiro de 2019, 12:00 AM
Pendente: xoves, 31 de xaneiro de 2019, 12:00 AM
Obxectivos da tarefa
- Aprender o procedemento de creación e configuración de materias no EVA (EDIXGAL).
- Familiarizarse co formato específico das materias EDXIGAL: vista grella.
- Crear un espazo propio no entorno de prácticas "EvaFormación", onde cada usuario realizará as tarefas plantexadas.
Como realizar esta tarefa
- Accede ao espazo de prácticas, facendo clic no enlace que aparece no bloque da esquina superior dereita deste curso.
- Identifícate co usuario e contrasinal que che foi asignado para entrar no espazo de prácticas: rol "profesor".
- Entra na materia que creaches na tarefa anterior e configura a "vista grella" introducindo na cabeceira de cada tema algunha das "imaxes de exemplo de vista grella" que podes descargar no tema 1 do "Curso de formación inicial EDIXGAL"
Consulta o apartado 1.6 deste curso inicial EDIXGAL se necesitas máis información.
Como enviar esta tarefa despois de realizada
Unha vez realizada a tarefa, debes enviala seguindo estes pasos:
- Entra no espazo de prácticas, identificándote co teu usuario con rol "profesor" que che foi asignado.
- Entra na materia que creaches con este usuario.
- Copia a dirección URL da túa materia que aparece agora na barra de direccións do teu navegador de internet.
- Pulsa o botón "Engadir entrega" que aparece na parte inferior desta tarefa. Pega a dirección URL que copiaches anteriormente no recadro de texto que aparece aqui, en "engadir entrega".
- Finalmente pulsa o botón "Gardar os cambios".