Ir ao contido principal
AVirtual
  • Inicio
  • Calendario
  • Máis
Neste momento está usando o acceso para convidados
Acceder
AVirtual
Inicio Calendario
Expandir todo Contraer todo
  1. L1801017
  2. 3. Infraestrutura tecnolóxica dun centro EDIXGAL
  3. Tarefa 3.1. Crea unha nova materia con rol "profesor"

Tarefa 3.1. Crea unha nova materia con rol "profesor"

Requisitos do completado
Abertas: martes, 1 de xaneiro de 2019, 12:00 AM
Pendente: xoves, 31 de xaneiro de 2019, 12:00 AM
TAREFASTarefa 3.1. Crea unha nova materia con rol "profesor"

Obxectivos da tarefa

  • Aprender o procedemento de creación e configuración de materias no EVA (EDIXGAL).
  • Crear un espazo propio no entorno de prácticas "EvaFormación", onde cada usuario realizará as tarefas plantexadas.

   

Como realizar esta tarefa

  1. Accede ao espazo de prácticas, facendo clic no enlace  que aparece no bloque da esquina superior dereita deste curso.
  2. Identifícate co usuario e contrasinal que che foi asignado para entrar no espazo de prácticas: rol "profesor".

    Podes consultar o usuario que che corresponde na seguinte entrada do "Foro xeral do curso":

    https://eva.edu.xunta.es/mod/forum/discuss.php?d=2241

  3. Deberás crear unha nova materia engadindo os seguintes datos nos campos correspondentes:

    XERAL
    - Nome completo (da materia) = "Nome de materia inventado" (substitúe "Nome de materia inventado" por un nome de materia que non exista, inventa ti unha nova materia)
    - Nome curto da materia = NOMEMAT (substitúe "NOMEMAT" polas iniciais ou un acrónimo do nome da materia que acabas de inventar)
    - Visible = Mostrar
    - Data de inicio da materia = 1 - XANEIRO - 2019 

    DESCRICIÓN
    - Resumo da materia = "Materia de prácticas de "Nome Apelido1 Apelido2" para a realización das tarefas do curso de coordinadores EDIXGAL" (substitúe "nome", "apelido1", "apelido2" polos teus propios datos persoais)

    FORMATO DA MATERIA
    - Formato = Vista grella 
    - Número de semanas ou temas = 5

    Non modifiques o resto dos apartados e déixaos cos datos que mostran por defecto.

   

Como enviar esta tarefa despois de realizada

Unha vez realizada a tarefa, debes enviala seguindo estes pasos:

  1. Entra no espazo de prácticas, identificándote co teu usuario con rol "profesor" que che foi asignado.
  2. Entra na materia que creaches con este usuario.
  3. Copia a dirección URL da túa materia que aparece agora na barra de direccións do teu navegador de internet.
  4. Pulsa o botón "Engadir entrega" que aparece na parte inferior desta tarefa. Pega a dirección URL que copiaches anteriormente no recadro de texto que aparece aqui, en "engadir entrega".
  5. Finalmente pulsa o botón "Gardar os cambios".

Neste momento está usando o acceso para convidados (Acceder)
Resumo da retención de datos
Políticas
Obter a apli móbil
Fornecido por Moodle