Ir ao contido principal
AVirtual
  • Inicio
  • Calendario
  • Máis
Neste momento está usando o acceso para convidados
Acceder
AVirtual
Inicio Calendario
Expandir todo Contraer todo
  1. L1803005
  2. Tarefa Online: deseño dunha práctica educativa
  3. Deseño individual dunha actividade educativa

Deseño individual dunha actividade educativa

Requisitos do completado
Pendente: luns, 11 de marzo de 2019, 12:00 AM

Deseño dunha actividade educativa na que traballedes a igualdade de xénero e que estea baseada nos principios da Educomunicación.

  1. Esta tarefa consiste en deseñar unha actividade educativa. Aínda que é un traballo individual, pode estar inspirada pola que fixestes na aula co teu grupo.
  2. Para aproveitar ao máximo este traballo, recomendamos que sexa unha actividade axeitada ao voso contexto docente, é dicir, que poida realizarse no voso centro, neste curso ou nos vindeiros. Se chegades a implementar este deseño antes que remate o curso, agradeceremos unha avaliación dos resultados da súa posta en práctica (isto non é obrigatorio)
  3. Recordade que a práctica ten que estar enfocada a promover a igualdade de xénero e pode integrarse dentro do currículo xeral, dunha materia, como parte dunha actividade para unha data concreta (8M, 25N, etc.) ou doutro xeito que imaxinedes, pero ten que ser aplicable no voso contexto real de traballo (é dicir, valoraremos que as propostas que enviedes sexan “realistas”)
  4. Nesta actividade ten que facerse uso da comunicación, ben sexa como recurso de traballo na aula, como ferramenta de aprendizaxe, como actividade final… Podedes inspirarvos nos diferentes exemplos que vimos ao longo de todas as sesións presenciais.
  5. A data límite para compartir esta práctica con nós e o 11 de marzo Nós precisamos uns días para avaliar a vosa práctica e enviarvos os nosos comentarios e achegas antes da súa entrega definitiva. Non é preciso agardar ata esa data, podedes ir entregando tarefas ou enviando dúbidas en calquera momento, xa que estamos aquí para acompañarvos no traballo a distancia. Aproveitádeo!
  6. O día 14 de marzo será a última sesión do curso e teredes que presentar esta práctica ao resto do grupo. Teredes uns 15 minutos así que preparádea e traede todos os materiais (presentación, fotos ou vídeos) que consideredes oportunos para ela.
Neste momento está usando o acceso para convidados (Acceder)
Resumo da retención de datos
Políticas
Obter a apli móbil
Fornecido por Moodle