Tarefa 1º día
Nesta actividade deberás crear un cartafol na carpeta "alumno", renomealo co nome da túa Unidade Didáctica e o teu segundo apelido (Ex. numeros_romanos_costa) e incluir nel o seguinte:
- Unha imaxe que faga referencia á Unidade Didáctica para colocar na portada do teu traballo final. Para buscala podes usar os bancos de imáxes que se facilitan no curso ou calquera outra busca, pero ten en conta que debe ser unha imaxe con licenza para educación.
-Un vídeo de youtube, ou similar, en formato .flv que nos servirá para a motivación da Unidade Didáctica ou para o seu desenrolo.
- Unha actividade de autor (Jclic, Ardora, Edilim,...) que busques xa elaborada para a túa Unidade Didáctica. Pode servir a ligazón web a dita actividade.
En canto teñas os tres elementos podes subilos a esta actividade logo de comprimir a carpeta.