Obxectivos
1. Implementar o novo modelo de biblioteca escolar que representa un ambiente de aprendizaxe multidisciplinar, centro de recursos (de lectura, información e aprendizaxe), un espazo para a vivencia da cultura da información.
2. Integrar as tecnoloxías da información e da comunicación na organización e funcionamento da biblioteca escolar e nas actividades para a lectura e a formación en medios e información.
3. Analizar de forma crítica e empregar os dispositivos e as aplicacións dos que dispón na aula e no centro con autonomía.
Contidos
1. A biblioteca escolar, centro de recursos da información, a lectura e a aprendizaxe: espazo para a cultura da información.
2. Fases e traballos do proceso técnico propio da xestión dunha biblioteca escolar.
3. A colección física e virtual. A biblioteca híbrida.
4. Concepto de Alfabetización Mediática e Informacional. Ciclo da información e traballo cos medios de comunicación.
5. Multialfabetización: capacidade para expresarse textual, visual e dixitalmente. A lectura do século XXI, as alfabetizacións múltiples.
- Profesor: Beatriz López Dorado