Opcións de matriculación

L2501003 A materia de intelixencia artificial para a sociedade en secundaria
DATAS:
1, 8, 15, 22 e 29 de Outubro
12 e 19 de Novembro
HORARIO: 16:15h a 19:15h (19N, de 16:15a 18:15h)
DURACIÓN TOTAL: 25 horas (20 presenciais)
RELATOR: Merce Orbaneja
LUGAR DE CELEBRACIÓN:
Centro de Formación e Recursos de Lugo
(Aula 1 - (2º andar))
Doutor Yáñez Rebolo, 31 - Lugo
ASESOR: Pablo Varela Pardo
+ info: cfr.lugo.tecnoloxico@edu.xunta.gal

OBXECTIVOS

1.Adquirir coñecementos e destrezas básicas para impartir a materia Intelixencia Artificial para a
Sociedade en 4º ESO.
2.Coñecer as áreas que constitúen as bases da intelixencia artificial e comprender as súas
repercusións éticas, así como as ameazas e oportunidades que xera o seu uso.
3.Utilizar ferramentas dixitais e de IA xerativa nos diferentes campos de aplicación da IA na
sociedade, resolvendo de xeito automático problemas concretos do mundo real.
4.Elaborar unha unidade didáctica completa empregando ferramentas dixitais e IA, integrada na
programación oficial da materia

CONTIDOS

Introdución á Intelixencia Artificial: conceptos básicos, casos de uso, marco legal e ética.
Impacto da Intelixencia Artificial na sociedade: riscos e oportunidades.
As áreas básicas da IA:
Percepción e actuación
Representación e razoamento
Aprendizaxe automática
Intelixencia Artificial xerativa: uso responsable e crítico (textos, vídeo, música, imaxe).
Propostas didácticas prácticas para a materia de 4º ESO: Curipod, Plickers, Fliki, Suno, Canva,
ChatGPT, creación dunha app sinxela.
Deseño dunha Unidade Didáctica integrada no currículo oficial.

METODOLOXÍA
Obradoiro práctico: traballo directo coas ferramentas, reproducindo o xeito de impartir a
materia en aula.
Learning by doing: cada docente creará materiais reais (vídeo con Fliki, canción con Suno, UD
en Curipod, Plickers, app con ChatGPT).
Aplicación inmediata: todos os exemplos e produtos serán transferibles directamente ás súas
aulas.
Non presencial (5h): elaboración dunha UD completa por cada docente, que será revisada e
posta en común.

Os convidados non poden acceder a este curso, tente acceder.