TRABALLANDO CO EDI NA AULA, METODOLOXÍAS PARA SACAR PROVEITO DA INTERACTIVIDADE DE EDI
Alternar o modo pizarra co modo escritorio. Alternar o modo pizarra co modo escritorio é quizá a funcionalidade máis importante do software de Open Sankoré xa que no modo escritorio podemos acceder a Internet e aos nosos documentos coa posibilidade de debuxar, resaltar, copiar e escribir sobre eles. No pequeno titorial que tes a continuación ensinámosche a facelo.
Agregar imaxes á biblioteca. Podemos agregar imaxes á biblioteca para traballar con elas no EDI ou para incorporalas a diversas actividades interactivas
DESCARGAR ARQUIVOS FLASH. Moitas veces pode interesarnos descargar unha animación que nos interese porque poida que queiramos reproducila nun computador que non dispoña de acceso a Internet, no titorial podes ver como se fai.
Exportar e importar. Unha das opcións máis importantes do software de Open Sankoré é a posibilidade de exportar as sesións e importalas noutro computador o que permite, por exemplo, preparar a clase no noso computador particular, exportar a unha memoria USB ou disco virtual e importala ao computador do colexio para utilizala en clase.