Section outline

  • GONZÁLEZ PÉREZ , XOSÉ MANUEL
    • TEATRO ISABELINO
      Trataríase dun guión para os alumnos, en parellas, elaboraren os materiais para estudo dunha cuestión teórica pertencente ao Tema 2 de Literatura Universal, en 2º de BAC. Dado que se trata dunha materia que é propia da modalidade ou optativa, planifícase para un grupo de dez alumnos, ou sexa, cinco parellas. Preténdese que ao final, trala revisión do profesor, queden elaborados os seguintes produtos:

      - Texto escrito (arredor dunha páxina) con destino á preparación das PAAU. No exame desta materia, o aspecto Teatro isabelino pode xurdir como cuestión 1 (Tema) ou 3.1 (Exposición sobre a época e movemento literario no que se encadra o autor e a súa) produción literaria.

      - Ficheiro para incluír na Aula Virtual do instituto, que recollería o texto escrito devandito con hipervínculos destinados fundamentalmente a ampliación e lecer.

      - Traballo complementario sobre William Shakespeare para acceso mediante tableta, elaborado con  Thinglink, a partir de tres imaxes recollidas en http://www.edgewareproductions.com/studyguides.html.