A nosa Aula Virtual está estructurada en categorías, esta organización facilita a búsqueda dos cursos cando temos unha gran cantidade deles, e sobre todo a administración diferenciada por departamentos da mesma.
Nesta primeira fase de creación e desenvolvemento da mesma, cada departamento contará coa categoría correspondente para aloxar os seus cursos. Cada xefe/a de departamento ou profesor no que delegue será o administrador da categoría correspondente e coordinado polo equipo de Administradores da Aula Virtual do centro.
Pódense crear outras categorías e subcategorías, para elo deberedes solicitalo a administador/a da categoría-departamento.