• Maletas Galiverso

    Consulta maletas GALIVERSO

    Galiverso: unha viaxe inmersiva polo patrimonio galego

    Galiverso é unha iniciativa da Xunta de Galicia que emprega tecnoloxías inmersivas e de realidade virtual co obxectivo de achegar ao alumnado o noso patrimonio material e inmaterial —artístico, industrial, arquitectónico, natural, etc.— dunha forma diferente, innovadora e experiencial.

    No CFR de Lugo dispoñemos de dúas maletas de préstamo, cada unha equipada con cinco gafas de realidade virtual, que podes solicitar para o teu centro mediante a solicitude correspondente dirixida ao teu asesor de centro.

    Anímate a explorar o patrimonio galego dunha maneira única e a levar esta experiencia inmersiva á túa aula.

    Podedes consultar a dispoñibilidade das "Maletas Galiverso" facendo clic aquí

    boton disponibilidade maletas galiverso

    • Icona Cartafol

      Aquí podes descargar a documentación e os materiais relacionados co Galiverso. Entre outros recursos, atoparás os contidos explicativos do proxecto e o manual de uso das gafas 3D, que che servirán como apoio para coñecer o seu funcionamento e preparar as actividades antes de empregalas na aula.