Novidades
-
Novidades
Novidades!!!
-
Maletas Galiverso
Galiverso: unha viaxe inmersiva polo patrimonio galego
Galiverso é unha iniciativa da Xunta de Galicia que emprega tecnoloxías inmersivas e de realidade virtual co obxectivo de achegar ao alumnado o noso patrimonio material e inmaterial —artístico, industrial, arquitectónico, natural, etc.— dunha forma diferente, innovadora e experiencial.
No CFR de Lugo dispoñemos de dúas maletas de préstamo, cada unha equipada con cinco gafas de realidade virtual, que podes solicitar para o teu centro mediante a solicitude correspondente dirixida ao teu asesor de centro.
Anímate a explorar o patrimonio galego dunha maneira única e a levar esta experiencia inmersiva á túa aula.

-
Super Lupo
O CFR de Lugo incorpora como novidade ao seu catálogo de préstamo o Super Lupo, un recurso de construción a gran escala composto por bloques modulares lixeiros e seguros que se ensamblan con facilidade. Este material resulta especialmente axeitado para Educación Infantil e Primaria, ao permitir traballar de maneira práctica aspectos como a coordinación, a orientación espacial, as matemáticas manipulativas ou a creatividade. Ademais, favorece o traballo cooperativo, a resolución de retos en grupo e o desenvolvemento de proxectos interdisciplinares vinculados a metodoloxías activas. Un recurso versátil que permite transformar calquera espazo nun laboratorio de aprendizaxe a través da construción.
O Super Lupo é un xoguete de construción a gran escala. Trátase de bloques modulares de gran tamaño e moi lixeiros, preparados para ensamblarse entre si. Existen tres posibilidades para unir as pezas: pola súa propia xeometría, mediante cuñas en cola de milano ou con gomas. En comparación cos xoguetes convencionais, trabállanse escalas e proporcións moi grandes, o que favorece a creación de construcións que requiren traballo en equipo.
Está fabricado con poliestireno expandido, un material inocuo amplamente empregado na industria alimentaria, no embalaxe e na construción. Trátase dun material que non contén residuos químicos de espumación e que está libre de compostos orgánicos volátiles.
Pódense atopar numerosos retos de construción nas fichas descargables dispoñibles na web e nas Cartas Lupo.

-
Recursos materiais para a inclusión
Seguimos ampliando o catálogo de recursos dispoñibles no servizo de préstamo das Maletas Viaxeiras da aula virtual. Nesta ocasión incorporamos unha pequena selección de materiais de apoio á inclusión, pensados para facilitar a participación do alumnado con diferentes necesidades e para explorar novas posibilidades de traballo na aula.
Entre os recursos que se poden atopar destacan teclados adaptados con teclas grandes e cores facilitadoras, ratóns tipo trackball de gran tamaño, botóns gravadores de mensaxes, pulsadores accesibles e pinzas parlantes que permiten reproducir pequenas instrucións ou información gravada. Son dispositivos sinxelos de utilizar que axudan a mellorar a accesibilidade, a comunicación e a interacción co entorno dixital ou coas actividades da aula.
Este tipo de materiais permiten propoñer actividades máis accesibles, apoiar procesos de comunicación ou facilitar o uso do ordenador cando existen dificultades motoras ou de precisión. Pequenas ferramentas… que poden abrir grandes portas na participación do alumnado.
Se queres coñecelos con máis detalle ou probalos no teu centro, podes consultalos no apartado de Maletas Viaxeiras onde atoparás o listado e as descricións de cada elemento. Un recurso máis para seguir construíndo aulas máis inclusivas.

Fai clic no recurso para ver as imaxes en tamaño completo!!
-
Cámaras vídeo/fotografía 360
Incorporamos dúas cámaras Insta360 X4 para préstamo e uso formativo.Estas cámaras permiten gravar contidos en 360º, crear percorridos virtuais, entrevistas inmersivas, documentación de proxectos, visitas virtuais a centros ou contornas naturais, e xerar materiais didácticos moi potentes para traballar competencias dixitais, comunicación, creatividade ou proxectos interdisciplinares.
Son unha ferramenta ideal para Educación Primaria, Secundaria ou FP, tanto para traballo de aula como para proxectos de centro, radio escolar, patrimonio, ciencias sociais, lingua, etc.
Ademais, no mes de xaneiro poremos en marcha unha formación específica na que se traballará co uso destas cámaras xunto con outras ferramentas de realidade virtual, desde un enfoque práctico e educativo.
Creación de contidos de Realidade Virtual
Seguimos ampliando recursos… e abrindo portas a novas formas de aprender 🚀
Calquera dúbida sobre o préstamo ou as formacións, falade como voso asesor de centro



Fai clic no recurso para ver as imaxes en tamaño completo!!
-
Lonas para robótica educativa
Están dispoñibles 3 lonas deseñadas para actividades de robótica en infantil, primaria e secundaria, pensadas para favorecer o traballo por retos, a programación por bloques e o desenvolvemento do pensamento computacional.
As lonas presentan unha cuadrícula coas medidas adaptadas para Beebot, Bluebot e Earl 2, así como para outros robots educativos similares, permitindo unha ampla variedade de propostas e itinerarios.
Moi utiles para experiencias como traballo por coordenadas con mbot (navegación por programación de simetrías, ángulos etc)
O seu formato modular facilita o uso individual ou combinado:
-
3 lonas de 240 × 120 cm
-
Posibilidade de unir 2 lonas para obter unha superficie de 240 × 240 cm
Permiten personalizar a experiencia de aprendizaxe mediante o uso de vinilos adhesivos, engadindo contidos, imaxes, retos ou escenarios específicos para cada nivel educativo ou proxecto.
Estas lonas son un recurso versátil para deseñar sesións manipulativas e creativas no marco dos Polos creativos e da robótica educativa.

Fai clic no recurso para ver as imaxes en tamaño completo!!
-
-
Kit de robótica educativa para Infantil e Primaria
Un conxunto completo para iniciar ao alumnado no pensamento computacional e na aprendizaxe manipulativa dun xeito divertido e intuitivo.
Contido do kit:
- 6 robots Blue-Bot programables (Posibilidade dun 7º robot)
- Docking Station con capacidade para cargar os 6 robots simultaneamente.
- 5 tapetes temáticos con diferentes escenarios e retos (alfabeto, cidade, natureza, contos clásicos e animais).



Beneficios para a aprendizaxe:
- Favorece o razonamento lóxico e a secuenciación de accións.
- Potencia a autonomía e o traballo cooperativo.
- Permite aprender programación básica sen pantallas, de forma manipulativa e segura.
- Axuda a traballar competencias lingüísticas e matemáticas a través de xogos de orientación, letras e números.
- En Infantil, facilita a iniciación á robótica e á expresión espacial mediante o xogo simbólico e a exploración.
Un recurso ideal para actividades de aula, obradoiros e proxectos STEAM dende idades temperás.
Fai clic no recurso para ver as imaxes en tamaño completo!!
-