Consulta Maletas Viaxeiras
-
Consulta Maletas Viaxeiras
Tódolos centros podedes solicitar material de préstamo para as vosas formacións ou outros usos educativos.
Para calquera cuestión relacionada co préstamo (dúbidas, solicitudes, etc.) das «Maletas Viaxeiras», debedes enviar un correo electrónico a cfr.lugo@edu.xunta.gal, indicando no asunto «Maletas Viaxeiras».
Podedes consultar a dispoñibilidade das "Maletas Viaxeiras" facendo clic aquí

Maletas viaxeiras: libros que abren mundos, valores que deixan pegada
As nosas maletas son moito máis ca libros: son ferramentas para transformar a aula nun espazo de reflexión, empatía e aprendizaxe significativa.
Cada maleta inclúe unha coidada selección de libros pensados para traballar co alumnado temas como a igualdade, a inclusión, a diversidade afectivo-sexual, de xénero e familiar, e o acompañamento ao alumnado desprazado de Ucraína.
Pensadas para facilitar o traballo do profesorado, as maletas viaxan aos centros cargadas de lecturas adaptadas a diferentes niveis educativos e listas para fomentar o pensamento crítico, a tolerancia e o respecto.
Solicítaas xa e abre a porta a novas historias, miradas e aprendizaxes.
Porque educar en valores tamén se le.
¿Preparad@s para a viaxe?
-
Consulta o contido das maletas no PDF correspondente.
Descarga o rexistro de devolución (a cubrir ao devolver a maleta).
-