Esta formación ofrece unha aproximación práctica ao uso de Inkscape como ferramenta de deseño vectorial, permitindo ao profesorado crear materiais gráficos atractivos, adaptados ao contexto educativo e útiles para dinámicas de aula, proxectos ou elaboración de recursos didácticos.

A primeira sesión estará dedicada a afondar na introdución ao programa, explorando a súa interface, estrutura e funcionamento básico. As dúas sesións seguintes terán un enfoque fundamentalmente práctico, centrado no uso das ferramentas, na creación de ilustracións vectoriais e na resolución de casos reais aplicables ao ámbito educativo.