OBXECTIVOS
Analizar estratexias e recursos para a mellora da convivencia nos ámbitos organizativo e funcional do centro. |
Facilitarlle ao profesorado ferramentas e/ou medidas organizativas e de xestión de aula para fomentar unha convivencia positiva. |
Coñecer estratexias de prevención e resolución de conflitos. |
CONTIDOS
Análise de accións e recursos de mellora da convivencia centradas no alumnado.
Medidas e dinámicas para fomentar a convivencia positiva na aula.
Estratexias de prevención e resolución de conflitos (programas de habilidades sociais, mediación escolar, cibermentoría, axuda entre iguais, prácticas restaurativas...).
|
- Profesor: Camilo Conde