Competencias profesionais a desenvolver

Comunicador/a en linguas maternas e estranxeiras - Destrezas comunicativas verbais e non verbais: técnicas e estratexias para o desenvolvemento e mantemento.

Educador/a guía no proceso de aprendizaxe e desenvolvemento do alumnado - Xestión dos espazos, recursos e materiais de aprendizaxe.

Obxectivos

  1. Analizar as investigacións sobre o ensino e aprendizaxe da lingua escrita.
  2. Coñecer pautas metodolóxicas que favorezan o desenvolvemento de habilidades e destrezas relacionadas co uso da linguaxe.
  3. Adquirir a capacidade para desenvolver hábitos de lectura e escritura no alumnado.

Contidos

  1. A lingua escrita dende un enfoque construtivista.
  2. Desenvolvemento da competencia en comunicación lingüística.
  3. Técnicas para a mellora da expresión e comprensión oral e escrita.

Datas: 1, 12, 8 e 15 de febreiro  2023
Nº de horas de formación certificadas:  12

Lugar de celebración. Salón de actos do CFR de Lugo