
Este espazo nace coa finalidade de servir de apoio ás persoas coordinadoras dos Plans de Formación Permanente do Profesorado (PFPP) dos centros adscritos á asesoría de Pablo Varela
Aquí atoparedes toda a información necesaria para a xestión do plan ao longo do curso: calendario actualizado cos prazos de entrega da documentación, guías de apoio, documentos descargables, modelos, preguntas frecuentes e outras informacións de interese.
Tamén se publicará o calendario das actividades formativas doutros centros que admitan participación externa, así como avisos, novidades e recursos que poidan resultar de utilidade.
A maiores, nalgunhas fases do curso este espazo poderá empregarse como punto de intercambio de experiencias, dúbidas e propostas entre as persoas coordinadoras.
A intención é que este sexa o punto de referencia onde consultar, en todo momento, a información necesaria para o correcto desenvolvemento do PFPP.
- Profesor: Pablo Varela Pardo
- Profesor: Ana Álvarez Hospido
- Profesor: Virginia González Iglesias
- Profesor: Jose Manuel Miragaya Iglesias
- Profesor: Belén Pérez Pérez
- Profesor: Estefanía Piñeiro González