CURRICULUM

CURRICULAR CONCRETION

Obxectivos

Criterios avaliación

Instrumentos

Obxectivo 2.Producir textos sinxelos de maneira comprensible e estruturada, mediante o emprego de estratexias como a planificación ou a compensación, para expresar mensaxes breves relacionados con necesidades inmediatas e responder a propósitos comunicativos cotiás.

CA1.3 - Expresar oralmente textos  breves e sinxelos, previamente preparados, sobre asuntos cotiáns e de relevancia para o alumnado, utilizando de forma guiada recursos verbais e non verbais, xunto con estruturas básicas e de uso frecuente propias da lingua estranxeira.

Rúbrica

Obxectivo 3. Interactuar con outras persoas usando expresións cotiás, recorrendo a estratexias de cooperación e empregando recursos analóxicos e dixitais, para responder a necesidades inmediatas do seu interese en intercambios comunicativos respectuosos coas normas de cortesía.

CA1.4 - Organizar e redactar textos breves e sinxelos, previamente preparados, con adecuación á situación comunicativa proposta, a través de ferramentas analóxicas e dixitais, e usando estruturas e léxico básicos de uso común sobre asuntos cotiáns e frecuentes, de relevancia persoal para o alumnado e próximos á súa experiencia.

  Rúbrica

Obxectivo 3. Interactuar con outras persoas usando expresións cotiás, recorrendo a estratexias de cooperación e empregando recursos analóxicos e dixitais, para responder a necesidades inmediatas do seu interese en intercambios comunicativos respectuosos coas normas de cortesía.

CA1.5 - Seleccionar, organizar e aplicar, de forma guiada, coñecementos e estratexias para preparar e producir textos breves, sinxelos e útilesadecuados ás intencións comunicativas, ás características contextuais e á tipoloxía textual, usando con axuda recursos físicos ou dixitais en función da tarefa e das necesidades de cada momento.

Rúbrica

Obxectivo 1:Comprender o sentido xeral e información específica e predicible de textos breves e sinxelos, expresados de forma clara e na lingua estándar, facendo uso de diversas estratexias e recorrendo, cando sexa necesario, ao uso de distintos tipos de apoio, para desenvolver o repertorio lingüístico e para responder a necesidades comunicativas cotiás

CA1.1-Recoñecer, interpretar e analizar o sentido global, así como palabras e frases específicas en textos de tipoloxía variada, orais, escritos e multimodais breves e sinxelos sobre temas actuais frecuentes e cotiáns de relevancia persoal e ámbitos próximos á súa experiencia, expresados de formacomprensible, clara e en lingua estándar a través de distintos soporte

 Cotexo

Obxectivo 5 Recoñecer e usar os repertorios lingüísticos persoais entre distintas linguas, reflexionando sobre o seu funcionamento e identificando as estratexias e coñecementos propios, para mellorar a resposta a necesidades comunicativas concretas en situacións coñecidas.

CA2.2-Utilizar e diferenciar de forma progresivamente autónoma os coñecementos e estratexias de mellora da súa capacidade de comunicar e de aprender a lingua estranxeira, con apoio doutros participantes e de soportes analóxicos e dixitais.

Análise producións

 Obxectivo 6  Apreciar e respectar a diversidade lingüística, cultural e artística a partir da lingua estranxeira, identificando e valorando as diferenzas e semellanzas entre linguas e culturas, para aprender a xestionar situacións interculturais.

 CA3.1-Actuar con aprecio e respecto en situacións interculturais, construíndo vínculos entre as diferentes linguas e culturas, e mostrando rexeitamento ante calquera tipo de discriminación, prexuízo e estereotipo en contextos comunicativos cotiáns e habituais.

 Observación

Contidos traballados

Estratexias básicas para a comprensión, a planificación e a produción de textos orais.
Estratexias básicas para a comprensión, a planificación e a produción de textos escritos.
Estratexias básicas para a comprensión, a planificación e a produción de textos multimodais.
Funcións comunicativas básicas de uso común.
Patróns sonoros, acentuais, rítmicos e de entoación básicos, e funcións comunicativas xerais asociadas aos devanditos patróns.
Léxico relativo á identificación persoal, relacións persoais próximas, lugares e contornos de interese para o alumnado e vida cotiá.
Recursos para a aprendizaxe e estratexias de procura guiada de información en medios analóxicos e dixitais.
Convencións ortográficas básicas de uso común e significados asociados aos formatos e elementos gráficos.
O tratamento do erro como parte integrante do proceso de aprendizaxe e a súa aceptación como oportunidade de mellora.
Comparación elemental entre linguas a partir de elementos da lingua estranxeira e outras linguas: orixe e parentescos.
Estratexias básicas de detección de usos discriminatorios da linguaxe verbal e non verbal.
Actitudes e situacións elementais que permiten iniciarse en actividades de mediación lingüística en situacións cotiás básicas.

Contidos do  curriculo integrados nas diferentes producións.

Licensed under the Creative Commons Attribution Share Alike License 4.0

Creado con eXeLearning (Ventana nueva)