O clonado consiste en facer unha copia da partición ou do disco co fin
de recuperala máis tarde. Esa copia representa unha imaxe ou
instantánea do sistema. Podemos darlle moitos usos, por exemplo:
podemos facer unha imaxe do noso sistema, por si temos que volver a
reinstalalo (neste caso será máis doado e máis rápido). Tamén poderemos
nun aula instalar nun equipo todo o software necesario, facer unha
imaxe e recuperala en todos los demais.
Existen diferentes ferramentas. Dentro das de software privativo a máis
coñecida e Symantec Ghost. Dentro das de software libre temos:
Partimage (en sysresccd), o comando dd, ghost4linux e clonezilla. este
último combina moitas técnicas dos anteriores.
Clonezilla- Clonezilla é un particionador ou clonador de discos similar a Ghost. Este salva e restaura só os bloques usados no disco duro.
- Free (GPL) Software.
- Sistemas de arquivos mantidos: ext2,
ext3, reiserfs, xfs, jfs de GNU/Linux e FAT, NTFS de M$ Windows. Desta
forma pode clonar GNU/Linux ou MS Windows. Para outros sistemas de
arquivo, Clonezilla usa dd para envorcar a partición completa.
-
Permite LVM2 baixo GNU/Linux.
-
Baseado en Parimage, ntfsclone e dd para clonar partición. Con todo,
clonezilla contén outros programas que poden salvar e restaurar non só
particiones senón tamén o disco completo.
-
Se o sistema de arquivo é mantido (ext2, ext3, reiserfs, xfs, jfs,
fat, ntfs), só os bloques usados do disco duro serán salvados e
restaurados. Isto aumenta a eficiencia do clonaje. Para os sistemas de
arquivos que non son mantidos, unha copia sector-a-sector é realizada
con dd en Clonezilla.
- ten un live cd automatizado.
- Pódense
usar capacidades avanzadas instalando un servidor, dentro de estas está
o cambio do SID de windows segundo a dirección mac da tarxeta de rede,
copia simultanea a varios ordenadores da rede. etc.
Partimage
O clonecilla realmente é unha agrupación de varios programas para facer
unha solución viable. Entre outros ten o partimage presente no sysrescd. A diferencia fundamental é que está menos automatizado que o anterior.
Ghost 4 LinuxRepresenta
unha utilidade similar as anteriores. Entre outras características
destaca o poder enviar a imaxe a un servidor ftp en lugar de
almacenala localmente.