Porta de enlace
Existen Equipos (routers) que unen dous segmentos de rede. A dirección
Ip do equipo que une unha rede con outra lle chamamos porta de enlace.

Na figura anterior a porta de enlace para o ordenador A e o computador B é
192.168.100.3. Que é o punto de fuga por onde se conectan a outras redes.
Dirección servidor DNS
Cando nós navegamos por Internet usando un navegador
escribimos na barra de direccións algo como:

Cando realmente o que deberiamos escribir é:

Para os seres humanos resulta dificultoso memorizar direccións Ip,
preferimos nomes, pero necesitamos dun computador que nos traduza de
nomes a Ips. Isto é o labor do servidor DNS.
Vexamos como funciona.

Supoñamos que Xoan no computador A desexa ir á pagina www.google.es.
Así que escribe dita dirección no seu navegador e aparécelle case ao
instante a páxina do google. Sin que nos désemos conta o computador tivo que
traballar, vexamos:
1. O computador A (o de Xoan) solicita a DNS a dirección Ip correspondente a www.google.es
2. O servidor DNS contesta coa dirección IP 215.12.56.3
3. O computador A solicita ao 215.12.56.3 a pagina que lle será entregada nuns instantes (un paso 4)
É moi importante entender que se non temos DNS podemos navegar por
Internet pero teriamos que sabernos as direccións Ip dos servidores que
desexamos visitar.
Direccións mac
Se a arquitectura de rede é ethernet (é a mais usada en redes de área
local) As traxetas de rede teñen asociada unha dirección física, tamén
chamada dirección ethernet ou dirección mac.
Estas direccións teñen 6 bytes e un aspecto como o seguinte:
00:Ab:c3:a5:7b:cb
Esta dirección esta gravada na tarxeta e non se pode variar.