1.2. O software
Dentro do mundo do software podemos ter varias clasificacións.
Software privativo.
Esta liña de software na actualidade é a máis empregada. Destaca o Sistema operativo Microsoft Windows, o MAC OS e todo unha grande gama de aplicacións coma Microsoft Office, Iworks, Dreamweaver, Photoshop, antivirus NOD32 etc.

A característica fundamental é a aceptación dunha licencia restritiva que limita o uso do mesmo. Normalmente este tipo de software só pode usarse nun equipo, non se pode mercar un paquete e usarse en varios pcs. Outro aspecto importante e que non é modificable.
Software Libre.
Representa unha alternativa ao anterior. Destaca por poder usarse de xeito libre, sen restricións (agás as imprescindibles impostas pola licencia gpl,bsd etc). É gratuito e sostido por unha gran comunidade de xente. A calidade dos productos é moi boa. Destacan sistemas como GNU/Linux, BSD e aplicacións coma OpenOffice, Gimp, Compozer, Inkskape etc.


Adherirse ao movemento de software libre no é so unha cuestión técnica, senón que ten detrás unha ideoloxía, un xeito de ver as cousas. E dicir non escollo este produto libre so atendendo a súa calidade técnica, senón porque estou de acordo cunha forma de difusión do coñecemento máis xusta.
Usar software libre, non necesariamente pasa por usar GNU/Linux. Normalemente o mesmo software que existe en GN/LInux ou BSD existe tamén para windows. E dicir podemos usar un OpenOffice para windows por exemplo.