Na actualidade existe unha gran oferta de equipamento informático(hardware) que podemos usar nas nosas aulas. Basicamente temos dúas liñas de traballo:
Os ordenadores persoais (persoal
computers) son os máis frecuentes. Existen unha gran variedade
de modelos e marcas, incluíndo os "clónicos"
ou ordenadores ensamblados nas propias tendas onde os
mercamos.
Algunhas marcas coñecidas son: HP, Dell, IBM,
Fujitsu, Toshiba etc.


Se mercamos algún destes pcs é
importante valorar a garantía, que pode chegar ata 4 anos.
O
equipamento quédase obsoleto co tempo. Nesta área
tecnolóxica con tantos avances, podemos dicir que en tres ou
catro anos o sistema está "vello". Non porque poda
dar fallos, se non porque as novas aplicacións necesitan unha
máquina máis potente para poder traballar.
Ao
día de hoxe, un Pc debería ter un procesador dual (dual
core) con un mínimo de 2Gb de RAM e unha capacidade de disco
de 250 Gb.
Dentro do mundo dos pcs existen tamén
solución móbiles. Coma os portátiles ou PDA.
Neste apartado compre valorar se o procesador está especialmente deseñado para o portátil coma por exemplo a tecnoloxía "Centrino". Un procesador axeitado pode consumir menos e polo tanto ter menos problemas de temperatura ademais de alongar a batería. Referente a esta última dicir que que existen varias capacidades (6 celdas, 9 celdas) e polo tanto diferentes duracións.

Este tipo de equipos están menos
difundidos que os pcs, pero tamén representan unha
alternativa. Destacan por dar especial atención ao deseño,
pola súa fiabilidade e por tender a crear solución
facilmente utilizables, e dicir intuitivas.
Aunque que na
actualidade os macs veñen cun sistema operativo propio, as
novas máquinas son compatibles con outro software coma o
Microsoft windows.
