A tarefa consiste na planificación de cinco rutas polo concello de Cariño.
O primeiro será formar cinco equipos, cada equipo terá que escoller unha das rutas e preparar un mapa online en Google Maps, tamén terá que deseñar un cartel coa descrición da ruta.

Rutas.

icona zapatillaRuta zapatilla. Para realizar andando.

icona bicicletaRuta bicicleta, pois iso , para percorrer en bicicleta!.

icona árbore Ruta urbana. Unha andaina por Cariño.

icona compás Ruta extrema. Para facer orientación, manexar o compás e o mapa, pero sen risco!!!

icona ruta historia Ruta historia. Para visitar lugares con lenda, sitios misteriosos e pegadas da historia.


Procedemento.

Na primeira sesión na aula veremos o funcionamento de Google Maps , como crear mapas e engadir puntos de interese.

Logo teredes que investigar en Internet e procurar información sobre Cariño e a Serra da Capelada co fin de elaborar unha listaxe de sitios de interese para a vosa ruta. Unha boa forma de comezar é visitar as ligazóns que propoñemos.

Para o cartel podedes utilizar LibreOffice Draw ou Inkscape, mellor o primeiro , estes programas permiten crear carteis de forma sinxela combinando imaxes e textos. O resultado o exportaredes a PDF para publicar tamén na web.

Lembrade que as imaxes que podedes atopar en Internet teñen diferentes tipos de licenza, e nalgúns casos a persoa autora non deixa utilizalas. É importante que poñades a ligazón ao sitio web onde está a imaxe.

Para finalizar.

Publicaremos na páxina do colexio cada mapa online e o pdf co cartel.

Presentade aos vosos compañeiros o traballo. Será na última sesión e podedes utilizar o EDI.

Faremos unha exposición na entrada do colexio cos carteis.

Entre todos e todas escolleremos unha ruta para percorrer en xuño.


Última modificación: martes, 13 de setembro de 2016, 1:05 PM