Traballo práctico
Requisitos do completado
O curso As intelixencias múltiples. Fomentando a aprendizaxe por competencias ten 30 horas; 21 presenciais e 9 non presenciais.
Para obter a certificación das 9 horas non presenciais é imprescindible presentar un pequeno traballo de reflexión sobre a realidade da situación da vosa aula ou do voso centro relacionándoa cos contidos expostos no curso.
O documento enviarase ao meu correo delfina@edu.xunta.es antes do 1 de febreiro de 2015. Na última sesión do curso, o día 5 de febreiro, faremos unha sesión de avaliación-reflexión utilizando como base ditos traballos.
Para realizar esta reflexión escrita pódese seguir o seguinte guión.
GUIÓN DE TRABALLO
Os contidos do curso As intelixencias múltiples. Fomentando a aprendizaxe por competencias centráronse nas intelixencias múltiples e nas súas implicacións educativas:
1. É posible que despois desta primeira aproximación ao marco teórico-práctico, teñas identificadas algunhas actividades que realizas na túa aula ou no teu centro que de algún xeito se podan relacionar coas mesmas. Explica cales delas podes considerar máis significativas.
2. Que dificultades no proceso de ensino/aprendizaxe do alumnado pensas que se poderían superar coa introdución destas prácticas educativas?. Pódense referir á relación entre os alumnos, a aprendizaxe dalgunha materia ou contido ou en referencia a determinados alumnos con necesidades específicas de apoio educativo.
3. Identifica que aspectos da práctica docente ou do proceso de ensino/aprendizaxe poden saír beneficiados coa introdución das intelixencias múltiples no traballo cotiá da aula.
4. Fai una proposta de traballo para a incorporación da atención específica ás diferentes intelixencias na túa programación de aula.
Última modificación: martes, 13 de setembro de 2016, 1:06 PM