Ferramenta moi útil cando non temos conexión a internet, pois permite acceder aos contidos sen conectividade.

Os equipos de profesor e alumno xa teñen a aplicación instalada no menú APLICATIVOS- EDUCACIÓN - EVA OFFLINE

Antes de iniciar sesión no Eva Offline é imprescindible iniciar sesión no EVA Online para que se poida establecer a conexión entre as dúas aplicacións.

A primeira vez que accedemos ao EVA Ofline  é necesario activar a ferramenta, e debemos estar conectados a internet. 

Nesta fiestra facemos clic en Engadir, para identificarnos co noso nome de usuario e contrasinal.

Cando iniciamos sesión no Eva Offline vemos na esquerda o noso nome e avatar. Tamén vemos un menú lateral coas materias que impartimos ou estamos matriculados, a zona de mensaxería  e eventos do calendario.

Enriba á dereita, un piloto indica se estamos conectados o Eva Offline (verde) ou desconectados (vermello)

Á esquerda, temos o ménu "As miñas materias", que da acceso aos contidos.

Premendo sobre o título da unidade , á dereita móstranse os contidos descargables da unidade.

O alumnado poderá acceder á aplicación sen necesidade de conectarse a internet, e durante esa sesión verá as materias sincronizadas na última conexión, así coma os contidos xa descargados.

O alumno accederá aos contidos do seguinte xeito:

  1. No panel esquerdo das materias, escollemos á que queremos acceder, e a continuación prememos en "Contidos"
  2. A ventá mostra o índice das unidades, e clicando nelas accedemos ao contido de cada unha.
  3. Farán clic sobre o contido a visualizar, que previamente debe estar descargado.

IMPORTANTE: cada vez que o alumno quere sair do contido, para que se garde o traballo realizado ata ese momento, debe premer no botón SAIR.

Ese traballo gárdase temporalmente no dispositivo sen conexión e será sincronizado cando se conecte a unha wifi.

Última modificación: martes, 7 de outubro de 2025, 8:41 PM