As árbores de decisión permiten representar o conxunto de todas as solucións alternativas a un problema.

Representan unha clasificación das solucións en función dunha serie de características.

Por exemplo, se plantexamos o problema de clasificar un animal, poderíamos considerar características coma:

  • é terrestre?
  • é mamífero?
  • Voa?
  • é carnívoro?

Para realizar un algoritmo usaremos unha árbore binaria de decisión, plantexada de xeito semellante ao seguinte.

Nesta tarefa, elaboraremos unha árbore de decisión que nos mostre como resposta/ predición os animais das imaxes. Para conseguilo deberemos escoller coidadosamente as preguntas (formalizar) para chegar ao resultado desexado.

Aquí tedes as imaxes que empregamos para a actividade.