María de los Reyes Montero Vale

Aprendizaxe automática

by María de los Reyes Montero Vale - Saturday, 4 November 2023, 2:10 PM
 
A aprendizaxe automáticaé un subcampo (subconxunto) da IA.
 É un proceso no que os algoritmos poden mellorar continuamente o seu rendemento mediante a observación de datos relevantes,
 a identificación de patróns, a creación de modelos de datos que poidan facer predicións e, a continuación,
a iteración da aprendizaxe.
A aprendizaxe automática utilízase nunha variedade de aplicacións, como o recoñecemento de imaxes e de voz,
o procesamento da linguaxe natural e a análise preditiva.
 Hai varios tipos de aprendizaxe automática, incluíndo a aprendizaxe supervisada, a aprendizaxe non supervisada e a aprendizaxe por reforzo.

» Glosario de Termos e expresións relacionados coa IA