Melodías Pedagóxicas
No camiño de construción pedagóxica dun modelo educativo ao redor do improviso,podemos seguir buscando novos camiños melódicos nos que espallar a regueifa. Estas novas composicións serían empregadas para motivar a diversidade melódica na improvisación e buscar un achegamento á complicidade do público. Buscamos poismelodías que teñan catro versos octosilábicos e a maiores unha volta na mesma estrofa para que poda repetir o público. Ás veces teñen partes instrumentais que podemos realizar ou obviar.
A tarefa consiste en enviar catro pezas que encaixen con estas premisas dentro dos seguintes estilos, dos cales poñemos un exemplo:
.- Tradicional (O Caneco)
.- Pop (Notas necrolóxicas, Luís Emilio Batallán)
.- Rock (Licor do negro café, Lamatumbá)
.- Hip Hop (Temporal, Marisol Manfurada)