Proposta didáctica de uso da RV na aula
Esta tarefa consiste en elaborar unha proposta didáctica do uso da VR na aula. Ésta debe incluír un modelo-exemplo (enlace) para amosar ao alumnado e unha planificación didáctica.
Tempo estimado de dedicación: 3 horas
Consultas e dúbidas: begonacodesal@gmail.com
Datos do proxecto:
-
Nome/título do recurso. Exemplo: Tour histórico polo Concello de Ferrol.
-
URL (dirección web): Incluír ligazón directa ao recurso.
-
Breve descrición. Explicar en que consiste ou que mostra o recurso/contido)
-
Tipo de experiencia. Indicar se pode visualizarse de forma inmersiva, semi inmersiva ou de ambas as formas.
-
Inmersiva (con visor VR)
-
Non inmersiva / semi inmersiva (desde pantalla de PC ou smartphone, sen visor VR)
-
Ambas as opcións.
-
-
Formato. Indicar se o recurso está baseado en gráficos xerados por computador, fotografía esférica ou cubo Merge
Proposta didáctica: (Podes usar a plantilla tipo CANVAS para esta parte ou simplemente plasmala nun documento de texto).
-
Materia / área curricular: en que área de coñecemento ou materia se enfoca a nosa proposta.
-
Nivel educativo: Primaria, Secundaria, Formación profesional, etc.
-
Público obxectivo: idade dos destinatarios e/ou características destes.
-
Duración: indicar a duración aproximada da actividade.
-
Obxectivo/s: Que conseguirá o alumnado coa realización desta experiencia?
-
Actividades- temporalización: Indicar que accións se realizaran antes, durante e/ou despois da exploración do contido. Neste apartado é onde debemos explicar como se desenvolvería a proposta.
-
Agrupamentos
-
Metodoloxía
-
Avaliación
-
Outros posibles recursos ou accións complementarias: Evidencias que poden axudar a complementar os procesos de aprendizaxe e/ou obxectivos da proposta didáctica. ( fotografías da posta en práctica, etc)