F2401025 Formación específica para persoas coordinadoras de Polos creativos
Section outline
-
Formación específica
? De febreiro de 2024 a marzo de 2024
5h presenciais no CFR de Ferrol

Sesión 4
Design thinking aplicado a situacións de aprendizaxe
? 20 de marzo de 2024
? Persoa relatora: Alberto Fortes Novoa
Design thinking aplicado a situacións de aprendizaxe nos Polos creativos. Os puntos que se tratarán na sesión adaptaranse ás persoas participantes, partindo da experiencia durante o curso anterior:
Xeración de solucións partindo de retos (pensamento de deseño)
Fases do proceso
Partindo dos retos e traballo nos Polos creativos no curso 2022/2023, cales poden ser os novos pasos?
Como relacionar o pensamento de deseño e as situacións de aprendizaxe.
Son Alberto Fortes Novoa, profesor de matemáticas e vicedirector no IES García-Barbón de Verín. Estudei previamente arquitectura e levo actualmente 7 anos dando clase, durante este tempo na casa sempre enredei en colaboración cos meus irmáns en diferentes ferramentas "makers". Un dos potenciais que vexo na docencia é a posibilidade de colaborar e aprender doutro profesorado que temos ao noso carón e, do que seguro que falando, poderemos aprender moito deles.
https://www.facebook.com/fortesnovoa/
https://www.instagram.com/fortesnovoa/
https://twitter.com/fortesnovoa-
Abertas: venres, 26 de xaneiro de 2024, 12:00 AMPendente: venres, 1 de marzo de 2024, 12:00 AM
Importante: a escolla desta sesión de docencia require cubrir esta tarefa facendo un comentario breve indicando o proxecto de Polos creativos que o teu centro educativo realizou no curso 2022-2023. Este comentario pode ser enviado nun documento .pdf ou escribíndoo na propia tarefa. A data límite para facer este comentario é o 1 de marzo de 2024. O único obxectivo é coñecer os proxectos dos centros educativos das persoas asistentes e adaptar a docencia aos vosos intereses.