F2401025 Formación específica para persoas coordinadoras de Polos creativos
Section outline
-
Polos creativos
Formación específica para persoas coordinadoras
Plan de Formación do Profesorado 2024/2025

Máis información sobre esta formación
F2401025 - Formación específica para persoas coordinadoras de Polos creativos
Do 09/12/2024 ao 15/05/2025
⌚ 20h (15 presenciais + 5 non presenciais)Os Polos creativos están deseñados como lugares de innovación educativa no que se traballan as competencias STEAM, a co-creación, a solución de problemas reais e o pensamento de deseño e habilidades. Teñen un deseño modular e innovador e contan con equipamento especializado. A súa organización didáctica fomenta a creatividade, a aprendizaxe por competencias e o traballo manipulativo. As actividades que se desenvolven neles abordan aspectos como a intelixencia artificial, as tecnoloxías intensivas, o procesado audiovisual e artístico, a realidade virtual ou a robótica, entre outros.
Indicadores de competencias
- Competencia didáctica
- Competencia dixital docente
Obxectivos
- Formar ás persoas coordinadoras na xestión dos recursos materiais e estratexias de dinamización para dar a coñecer as posibilidades educativas do Polo creativo.
- Deseñar e avaliar situacións de aprendizaxe enfocadas a optimizar o ensino a través dos recursos do Polo creativo.
- Analizar e aplicar o protocolo de protección de datos en cada centro aportando solucións a posibles situacións de risco.
Contidos
- Organización dos recursos do Polo creativo. Xestión de espazos e recursos.Creación de situacións de aprendizaxe utilizando Polos creativos para o seu uso compartido pola comunidade educativa.
- Creación de situacións de aprendizaxe utilizando Polos creativos para o seu uso compartido pola comunidade educativa.
- Revisión do protocolo de protección de datos. Análise no centro e proposta de solucións.
- Integración do pensamento computacional e do pensamento visual en actividades didácticas para desenvolver co alumnado.
Este curso foi deseñado para dar resposta ás necesidades específicas do profesorado dentro do contexto do sistema educativo galego segundo o descrito na ORDE do 6 de outubro de 2023 pola que se dá continuidade ao programa de innovación educativa Polos creativos e se establecen instrucións para o seu desenvolvemento nos centros educativos dependentes desta consellería e nos centros privados sostidos con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia para os cursos 2023/24 e 2024/25.