Xeral
Section outline
-
Moi boas e benvidas e benvidos a esta viaxe educativa pola improvisación oral. Grazas por acompañarnos ;)
Esta repositorio que estamos a empregar é un curso virtual para formar docentes en improvisación oral aplicada ás aulas.
Aproveitaremos esta plataforma para desenvolver o noso curso presencial.
Asi pois, seguiremos algunhas secuencias didácticas desta aula virtual pero adaptándoas ao formato do curso presencial que propón o CFR de Ferrol.
Esta aula virtual é unha ferramenta para potenciar competencias musicais, lingüísticas e de comunicación para formar docentes que participen activamente na introdución do improviso no noso sistema escolar.
O potencial deste proxecto esténdese ao desenvolvemento das competencias profesionais docentes, pero tamén persoais e de relación social (autoconfianza, actitude creativa, competencias para xestionar a comunicación, competencias de relación interpersoal, desenvolvemento da memoria, etc), á implicación do alumnado no patrimonio cultural (como expresión cultural universal e como coñecemento da realidade cultural galega), e á potenciación complementaria das competencias lingüística, musical e TIC.
Ademais, ten un valioso poder para transformar a realidade educativa através da dimensión lúdica.